No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 489/2004 (procedemento abreviado) interposto por Mª del Dolores Torres Vázquez contra a Resolución do 28 de maio de 2004 (DOG nº 107, do 4 de xuño) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de persoal de servizos xerais.
A recorrente pretende que se lle outorguen 5 puntos no lugar dos 2 puntos obtidos na epígrafe de formación do concurso da fase de selección, coa conseguinte modificación da listaxe definitiva de aprobados nesta fase.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos