DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dun servizo consistente na realización do traballo de campo, gravación e depuración da enquisa piloto de condicións de vida das familias e da enquisa de condicións de vida das familias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2004/640.1/2.3.5/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo, depuración e gravación da enquisa piloto de condicións de vida das familias e da enquisa de condicións de vida das familias a 224 e 6.304 vivendas repartidas por todo o territorio galego respectivamente.

b) Prazo de execución: nove meses contados a partir do día seguinte da sinatura do contrato e sempre antes do 1 de outubro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 351.110 A (trescentos cincuenta e un mil cento dez euros).

5. Garantía provisoria: 7.022,20 A (sete mil vinte e dous euros e vinte céntimos).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 99.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 3, categoría C.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do IGE, das 9.00 ás 14.00 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ao disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Data: o oitavo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións:

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4768

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística