DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial L.A.T. 66 kV parque eólico de Silvarredonda-subestación eléctrica de Boaña, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de decembro de 2004.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 9 de decembro de 2004, declarar o proxecto L.A.T. 66 kV parque eólico de Silvarredonda-subestación eléctrica de Boaña, promovido pola empresa Enel Unión Fenosa Renovables, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior audiencia na comunidade autónoma, e da audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto L.A.T. 66 kV parque eólico de Silvarredonda-subestación eléctrica de Boaña, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de decembro de 2004, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examinar o proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial da Coruña, e presentar perante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas