DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada L.A.T. 66 kV evacuación P.E. Xiabre, nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, do que é beneficiario a empresa Engasa. (Expediente 04/370).

A instalación denominada L.A.T. 66 kV evacuación P.E. Xiabre, nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 29 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Engasa.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que os días 19, 21 e 24 de xaneiro de 2005 en Vilagarcía de Arousa, e o día 25 de xaneiro de 2005 en Caldas de Reis, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos dos concellos de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos predios seus, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 16 de decembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra