DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se outorga a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización previa da rede de distribución para a subministración de gas natural no termo municipal de Sada (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo para efectos de notificacións no edificio Área Central, local 31 H-I-J 15707 Santiago de Compostela, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data de 2 de febreiro de 2004, a empresa Gas Galicia SDG, S.A., solicitou ao amparo da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, a autorización administrativa previa da rede de distribución para a subministración de gas natural no termo municipal de Sada (A Coruña), e para este efecto presentou o preceptivo proxecto básico.

Segundo.-De conformidade co establecido no citado Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ditou Resolución do 16 de xuño de 2004, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa de referencia, que se publicou no DOG do 28 de xuño, no BOP da Coruña do 29 de xuño, e nos diarios La Voz de Galicia e El Ideal Gallego do 29 de xuño. Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

O trazado afecta o termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

As características básicas das instalacións son as seguintes:

A subministración de gas natural á localidade de Sada (A Coruña) realízase mediante conexión nun punto de entrega da rede APA no municipio de Sada nos terreos adxacentes á entrada ao núcleo urbano pola zona sur.

A rede de distribución, que aparece reflectida nos planos de planta de trazado incluídos no proxecto básico, está formada polas seguintes instalacións:

a) Rede básica de distribución en media presión B.

b) Rede secundaria de distribución en media presión B.

Partindo do punto de entrega prevense redes de distribución en media presión B. Da rede básica de distribución partirán outras redes de menor diámetro (menor de 160 mm) cara aos distintos puntos de consumo.

Este trazado da rede de distribución deberá confirmarse coa elaboración dos correspondentes proxectos de autorización de instalacións.

Esta rede deséñase en polietileno de alta densidade PE 100 SDR 17,6 de diámetro variable de DN200 a DN63, segundo as necesidades.

A lonxitude prevista para a rede básica e secundaria é da orde de 14,7 km aproximadamente, dos cales 7,3 km corresponden á rede básica e 7,4 km á rede secundaria.

O orzamento ascende á cantidade dun millón cincuenta e dous mil setecentos corenta e cinco euros con vinte e nove céntimos (1.052.745,29 A).

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, facendo constar que se trata dun proxecto básico, soamente válido para efectos administrativos para solicitar autorización administrativa e que, unha vez concedida esta, Gas Galicia SDG, S.A. deberá presentar o proxecto de execución para a súa aprobación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, e o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Por todo o anterior, debe accederse ao solicitado pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. e, por conseguinte, proceder a outorgar a autorización administrativa previa de referencia, de acordo coas características básicas das instalacións reflectidas no punto segundo dos antecedentes, correspondentes ao termo municipal de Sada.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgar á empresa Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución para a subministración de gas natural no termo municipal de Sada (A Coruña).

Esta autorización administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 34/1998, do 7 de outubro, no Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, e a cantas outras disposicións se ditasen ou diten sobre a subministración de combustibles, así como ás seguintes condicións:

Primeira.-Gas Galicia SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contados desde o momento do outorgamento da autorización, unha fianza por valor de 21.054,91 A, importe do 2% do orzamento das instalacións, para garantir o cumprimento das súas

obrigas, conforme o previsto no artigo 73, punto 4º da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 82 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro. Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, punto 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e que será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-Dentro do prazo de seis meses, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, Gas Galicia SDG, S.A. deberá solicitar á Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a aprobación do proxecto de execución das instalacións, presentando o seu proxecto detallado, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de autorización administrativa, podendo estes prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitude acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-As instalacións e as súas montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, Regulamento xeral do servizo público de gases combustibles, Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, normas para a súa aplicación ou complementarias, Regulamento de recipientes a presión, regulamentos electrotécnicos, así cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns como as individuais, deberán cumprir as normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados ou, se é caso, aquelas que as modifiquen ou substitúan.

Cuarta.-O distribuidor deberá manter unha subministración correcta e un adecuado e eficiente servizo de mantemento das instalacións, reparación de avarías, reclamacións e, en xeral, de atención aos usuarios, sendo responsable da conservación e bo funcionamento das instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes en cada momento sobre a materia, de acordo co capítulo VII da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Sexta.-Gas Galicia SDG, S.A. poderá transferir en calquera momento a autorización, requiríndose a autorización previa da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e subrogándose o novo titular en todas as obrigas e dereitos do transmitente derivados da autorización.

Sétima.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realizar as instalacións autorizadas.

Oitava.-A administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas