DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/553-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.D. peirao de reparacións Bouzas.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.V. de 60 m de lonxitude, con orixe na liña BAL 7.26, entre os CC.TT. Jop Bouzas 2 e Jop Bouzas 3, á altura da nave de redes, e remate na liña BAL 7.26, alimentando en bucle o centro de distribución proxectado, con celas SF6, situado no peirao de reparacións Bouzas, no concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 8 de novembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra