DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (595/2004-A).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos nº 595/04-A, seguidos por instancia de Cesar Lodeiro Cotelo contra a empresa TPR Construcciones y Reformas, S.L, sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, ditou sentenza, o 16 de novembro de 2004, coa seguinte parte dispositiva:

«Decido que, estimando a demanda interposta por César Lodeiro Cotelo, debo declarar e declaro o dereito do actor a percibir a cantidade de 896,56 euros líquidos polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e en tal sentido debo condenar e condeno á empresa TPR Construcciones y Reformas, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe ao actor la cantidad de 896,5 euros líquidos en concepto de salarios e liquidación.

Notifíquese esta sentenza ás partes haciéndoles saber que en contra dela no poden presentar recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa TPR Construcciones y Reformas, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avd. de Arteixo, nº 6, baixo da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o un de decembro de 2004.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA