DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (164/2004).

José Furelos León, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Corcubión.

Expido esta dilixencia para facer constar que no expediente arriba relacionado se ditou a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia. Expido esta dilixencia para facer constar que procedente da quenda de repartición correspondeulle a este xulgado o anterior escrito e documentos presentados polo procurador sr. Leis Espasandín en nome e representación de Isabel Fernández Lastres instando a formación de expediente de dominio para o reinicio do tracto sucesivo interrompido, rexistrándose co número 164/2004.

Providencia do xuíz Francisco Javier Collazo Lugo.

En Corcubión o vinte e sete de setembro de dous mil catro. Recibido o presente escrito, documentos que se xuntan, poder e copia do procurador sr. Leis Espasandín, admítese a trámite, incoándose o expediente de dominio para o reinicio do tracto sucesivo que se insta, no que se terá por parte en nome e representación de María Isabel Fernández Lastres, entendéndose con el as sucesivas notificacións e dilixencias en virtude do poder presentado que, logo do testemuño nos autos, se lle devolverá. Déaselle traslado do escrito presentado ao Ministerio Fiscal entregándolle as copias do escrito e documentos, e cítese a María Fe Lastres Pérez como titular rexistral por medio de exhorto que se remitirá ao domicilio indicado e a Victoria Lastres Pérez como persoa a nome da cal están catastrados, a fin de que dentro

do prazo de dez días poidan comparecer no expediente alegando o que ao seu dereito conveña, citando a aqueles dos que se descoñece o domicilio por medio de edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios do xulgado e se publicarán no BOP no caso de que así o solicite a parte.

Convóquense as persoas ignoradas ás que puidese prexudicar a inscrición solicitada por medio de edictos que se fixarán nos taboleiros de anuncios do concello e do Xulgado de Paz de Camariñas e desta vila e que se publicarán no boletín oficial no caso de que así o solicite a parte para que dentro do prazo de dez días poidan comparecer no expediente para os efectos expresados. Expídanse os edictos e requírase a promovente a fin de que no prazo de cinco días inste o que a seu dereito conveña sobre a súa publicación nos mesmos nos boletíns que lle puidesen interesar, así como para que no mesmo prazo achegue o actual domicilio de Victoria Lastres Pérez, persoa a favor do cal está catastrado o predio segundo se desprende da documentación presentada ou indique a forma na que se citará para ser oída.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días que se interporá por escrito perante este xulgado.

Acórdao e asínao; dou fe.

O xuíz. O secretario».

E para que así conste expídese este edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia a fin de citar as persoas ignoradas ás que puidese prexudicar a inscrición solicitada.

José Furelos León

Secretario xudicial