DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de decembro de 2004 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego de diversas categorías.

A base décimo segunda das ordes desta consellería do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro) polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde das categorías de enxeñeiro superior, persoal técnico superior en bioloxía e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información establece que, rematada a fase de selección se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección das devanditas categorías procede agora convocar a súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Publicar a convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego das categorías de persoal enxeñeiro superior, persoal técnico superior en bioloxía e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocadas polas ordes desta consellería do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta orde.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o proceso e os que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderá interporse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación dos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Bases

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas básicas vacantes de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías de enxeñeiro superior, persoal técnico superior en bioloxía e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información que, para cada centro, se especifican no anexo III desta orde.

As prazas que se convocan son as ofrecidas para a fase de selección nas ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), xa que non concorren as circunstancias previstas para a súa ampliación na base novena das mesmas ordes. Así mesmo, e de acordo co establecido no artigo 7.2º b) da Lei 16/2001, do 21 de novembro, convócanse as prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en situación de reingreso provisorio ao servizo activo. Por último, convócanse prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en comisión de servizos.

2. As prazas de atención especializada distribúense por centros ou complexos hospitalarios.

3. As prazas de atención primaria corresponden aos distintos centros de xestión de atención primaria da Comunidade Autónoma.

4. A fase de provisión rexerase polas presentes bases, así como pola Lei 16/2001, do 21 de novembro.

Segunda.-Persoal que poderá participar voluntariamente na fase de provisión.

Poderá participar voluntariamente na fase de provisión o seguinte persoal estatutario fixo:

1. O persoal estatutario fixo da mesma categoría que se atope desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias da Seguridade Social, sexan cales foren as administracións públicas de que aquela dependa e sexa cal for a data en que tomase posesión.

2. O persoal estatutario fixo en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza da mesma categoría, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ao servizo activo o último día do prazo de presentación de solicitudes

para participar nesta fase, sen que lle sexa exixible prazo ningún de permanencia na mencionada situación.

3. O persoal funcionario de carreira ou laboral fixo que se atope desempeñando ou teña praza reservada nos centros de xestión de atención especializada do Servizo Galego de Saúde a que se refire o artigo 1 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, así como o persoal en situación de excedencia voluntaria nos devanditos centros, sempre que, neste último caso, non transcorrese o tempo máximo da excedencia previsto legalmente para cada caso.

A participación deste persoal na fase de provision e a adxudicación de praza quedará condicionada á súa solicitude de integración e posterior resolución favorable da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde que, en cumprimento do establecido no Acordo de mellora retributiva e profesional do 1 de outubro de 2003, dite esta consellería.

Este persoal poderá participar na categoría homologable ou unha que corresponda coas funcións que vén desempeñando, cando foren varias as categorías homologables, sempre que estean en posesión da titulación exixida pola legislación vixente, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 e na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, antes citado.

Terceira.-Persoal que deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión.

Deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión o seguinte persoal:

1. O persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación de persoal estatutario en expectativa de destino. O persoal que se atope nesta situación e que non participe na fase de provisión decaerá nos seus dereitos, sen que se lle poida adxudicar ningunha praza, e perderá a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Os que, como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría ou, se é o caso, especialidade, accedesen á situación de expectativa de destino en máis dunha delas, unicamente poderán participar na fase de provisión nunha soa categoría ou especialidade.

2. O persoal que se atope en situación de reingreso provisorio ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde deberá solicitar necesariamente, por orde de preferencia, todas as prazas convocadas da súa categoría, modalidade e área de saúde a que pertenza a praza que desempeña con carácter provisorio. O

reingresado provisorio que non obteña praza definitiva na fase de provisión, tendo solicitadas todas as convocadas na súa categoría, modalidade e área de saúde, poderá optar por obter novo destino provisorio nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución da fase de provisión ou pasar novamente á situación de excedencia voluntaria, sen prexuízo do establecido no punto 4 da base novena desta orde. O reingresado provisorio que non participe nesta fase ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Cuarta.-Procedemento da fase de provisión.

1. A fase de provisión constará da realización e cualificación por la comisión delegada dunha entrevista regulada para avaliar os diferentes niveis de complexidade en que poden prestar as súas funcións os participantes, na cal se valorará especialmente o grao de adecuación das aptitudes, experiencia e habilidades dos candidatos aos diferentes niveis de complexidade e especialización dos centros e da acreditación e valoración polo tribunal central dos méritos por servizos prestados, a actividade científica e investigadora desenvolvida, así como a impartición de docencia postgraduada conforme o baremo de méritos que figura como anexo II desta orde e referidos ao día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. En aplicación dos reais decretos 895/1995, do 19 de maio, e 543/2001, do 18 de maio, que desenvolven a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea, o tribunal central e as comisións delegadas equipararán os méritos valorables que acrediten os aspirantes comunitarios ás puntuacións do baremo de méritos, con suxeición aos principios constitucionais de igualdade de acceso á función pública e non discriminación por razón de nacionalidade.

3. A entrevista, que terá unha duración máxima de vinte minutos e unha puntuación máxima de 30 puntos, realizarase nos lugares e nas datas que serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Os participantes serán chamados para a realización da entrevista seguindo a orde de chamamento establecida na base sétima a).7 das ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), antes citadas.

Os participantes na fase de provisión que non procedan da fase de selección que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros solicitados, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar praza ningunha, e manteranse, se é o caso, na súa praza orixinaria e nas mesmas condicións, sen prexuízo do establecido no punto 2 da base terceira respecto dos reingresados provisorias.

Os participantes na fase de provisión procedentes da situación de expectativa de destino que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros solicitados, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar praza ningunha, e perderán a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Quinta.-Solicitudes.

1. Cada participante deberá cubrir unha única solicitude, axustándose necesariamente ao modelo de solicitude que figura no anexo VII, respectando estritamente a codificación que identifica cada centro.

Igualmente, poderán utilizar o modelo que figura na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

2. Solicitude de prazas nos centros ou complexos hospitalarios:

2.1. A solicitude de praza nun centro ou complexo hospitalario supón a petición da totalidade das prazas convocadas nel, así como as que queden vacantes no devandito centro como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

3. Solicitude de prazas nas xerencias de atención primaria:

3.1. A solicitude de praza nunha xerencia de atención primaria supón a petición da totalidade das prazas convocadas nela, así como as que queden vacantes na devandita xerencia como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

4. Con independencia de que poidan solicitar máis dun centro ou complexo hospitalario ou xerencia de atención primaria, os participantes unicamente poderán concorrer á entrevista nun só deles. En caso de non se presentaren á realización desta, ou de concorreren á de distintos centros ou complexos hospitalarios ou xerencias de atención primaria, decaerán nos seus dereitos nos termos establecidos no punto 3 da base cuarta desta orde.

5. As solicitudes, que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703-Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos centros que se relacionan a seguir ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión á fase de provisión debe figurar o selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados:

a) Na da Consellería de Sanidade.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

d) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

6. O prazo de presentación da solicitude, á cal deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

7. Durante o prazo de presentación de solicitudes, os participantes poderán retirar ou modificar as súas solicitudes mediante a presentación dunha nova, que anulará totalmente a anterior. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a modificación ou retirada da solicitude nin a presentación de novos documentos.

Sexta.-Documentación.

1. Todos os participantes, con carácter xeral, deberán presentar a seguinte documentación:

I) Fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

II) Autobaremación dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos que figura no anexo II. En ningún caso esta autovaloración vinculará o tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflectir esta, utilizarase o modelo que figura como anexo V nesta orde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III) Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas dos méritos alegados.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor,

o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Por último, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o sumario ou índice deste, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

2. O persoal con nomeamento estatutario fixo na categoría deberá xuntar, ademais, copia compulsada do seu último nomeamento en propiedade.

3. O persoal en situación de excedencia presentará, ademais, copia compulsada da resolución en que se lle concedeu.

4. O persoal en reingreso provisoria, presentará, ademais, copia compulsada da resolución pola cal se lle autorizou o reingreso.

Sétima.-Listaxe de admitidos.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición das listaxes provisorias de admitidos e excluídos da entrevista por centro ou complexo hospitalario ou por xerencia de atención primaria, co motivo da súa exclusión.

Contra ela, os participantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

2. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da entrevista por centro ou complexo hospitalario ou por xerencia de atención primaria, así como o lugar, a data e a hora de realización da entrevista. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na citada publicación.

Oitava.-Comisións delegadas.

A comisión delegada de cada centro ou complexo hospitalario ou xerencia de atención primaria, cuxa composición figura no anexo VI desta orde, será a encargada de realizar e valorar as entrevistas e de lle elevar ao tribunal central a proposta de puntuacións atribuídas a estas.

Para tal fin, na sesión constitutiva deberá acordar os criterios para a realización das entrevistas e a súa valoración e elevarallos á División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde para os efectos da súa difusión na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Novena.-Resolución da fase de provisión.

1. Rematadas as entrevistas e realizada polo tribunal central a valoración dos méritos acreditados

polos participantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición da listaxe provisoria coas puntuacións obtidas por cada un deles e cos destinos provisorios adxudicados.

Contra esta, os participantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do citado anuncio, para formularen reclamacións contra a listaxe provisoria.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva de asignación de destinos por centro. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.

3. Os destinos adxudicados definitivamente na fase de provisión serán irrenunciables agás que a dita renuncia estea motivada pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade voluntaria convocado por outra Administración pública.

4. Coas prazas non adxudicadas ou que resulten vacantes como consecuencia da fase de provisión, iniciarase de novo o procedemento de provisión. Para iso, na resolución definitiva de asignación de destinos relacionaranse as devanditas prazas por centro ou complexo hospitalario ou por xerencia de atención primaria, establecéndose o prazo, a forma e o lugar de presentación de solicitudes, e sinalarase o lugar, a data e a hora de realización da segunda entrevista.

Neste segundo proceso de asignación deberá participar obrigatoriamente o persoal relacionado no punto 1 da base terceira da presente orde, sempre que non obtivesen destino definitivo no primeiro proceso de asignación de prazas.

O persoal que se atope en situación de reingreso provisorias ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, e que, participando no primeiro proceso de asignación de prazas e solicitando todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde, non obtivese destino definitivo nela, deberá participar obrigatoriamente neste segundo proceso de asignación sempre que se ofrezan prazas da súa categoría, modalidade e área de saúde. O reingresado provisorio que non participe neste segundo proceso de asignación de prazas ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

5. En caso de empate na puntuación total obtida na fase de provisión en ambos os procesos de asignación de prazas, resolverase en prol do participante que acredite o maior tempo total de servizos prestados nas institucións sanitarias da Seguridade

Social dos servizos de saúde. De persistir o empate, resolverase en prol da mellor puntuación obtida nos puntos 2.1 e 2.2 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde.

Décima.-Peche da fase de provisión.

Se como consecuencia da provisión establecida no punto 4 da base anterior aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, estas cubriranse de forma centralizada en función da puntuación obtida nos puntos 2 e 3 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde. Para iso o tribunal, na resolución definitiva da asignación de destinos do segundo proceso de asignación de prazas, convocará en chamamento único os participantes que non resultaron adxudicatarios de praza neste, para que, atendendo á súa puntuación, elixan os destinos sobrantes.

Quedarán excluídos desta asignación de prazas os que non participasen no segundo proceso de asignación da fase de provisión establecida no punto 4 da base anterior.

Décimo primeira.-Nomeamentos.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, o persoal en situación de expectativa de destino que obtivese praza na fase de provisión será nomeado persoal estatutario fixo. Aqueles que, estando nesta situación, non obtivesen praza, e participasen integramente na fase de provisión e no seu peche, serán nomeados persoal estatutario fixo en situación de excedencia voluntaria, sen que se lles exixa o período mínimo legalmente establecido para solicitar o reingreso.

Décimo segunda.-Asignación de prazas.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva do total dos adxudicatarios, con expresión concreta da praza adxudicada. Esta resolución abrirá o prazo de toma de posesión.

Décimo terceira.-Toma de posesión.

1. Os adxudicatarios procedentes da fase de selección disporán dun prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución a que se refire a base anterior, para efectuaren a toma de posesión. De non se producir a toma de posesión no prazo indicado sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento como persoal estatutario fixo da respectiva categoría e perderán os dereitos derivados da súa participación no proceso de consolidación de emprego.

Este mesmo prazo aplicarase no caso de que a adxudicación de praza supoña o reingreso ao servizo activo. En ambos os casos, este período non será retribuído.

2. Cando o adxudicatario sexa persoal estatutario con praza en propiedade na mesma categoría e non proceda da fase de selección, deberá cesar na que, se é o caso, desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución a que se refire a base anterior. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades do servizo, poderá ampliar este prazo até dez días.

A toma de posesión na nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta localidade pero da mesma área de saúde; ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza que xa viñesen ocupando praza na mesma localidade, en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisorio.

O prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ao servizo da Administración autonómica.

Cando o adxudicatario non tome posesión da praza adxudicada no prazo indicado sen causa xustificada, perderá todos os dereitos derivados da súa participación nesta convocatoria. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario e será declarado na devandita situación quen non se incorpore ao destino obtido dentro dos prazos establecidos ou das súas prórrogas que legal ou regulamentariamente procedan. Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas así apreciadas pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde logo da audiencia do interesado, poderá deixarse sen efecto a devandita situación. En tal caso, o interesado deberá incorporarse ao seu destino tan axiña como desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

3. A toma de posesión da praza adxudicada levará consigo o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda, aplicándose os criterios de cesamento do Servizo Galego de Saúde.

Décimo cuarta.-Simultaneidade das entrevistas.

De acordo co establecido na disposición adicional décimo sexta da Lei 16/2001, do 21 de novembro, introducida polo artigo 55 da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE nº 313, do 31 de decembro), téndose constatado durante o desenvolvemento e execución da convocatoria do proceso extraordinario de consolidación de emprego, circunstancias de índole técnica que dificultan a realización das entrevistas que integran a fase de provisión de xeito simul

táneo en cada centro, complexo hospitalario ou xerencia de atención primaria dependente do Servizo Galego de Saúde, queda suprimido o dito requisito exixido no punto 2 da base décimo segunda das ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro).

ANEXO II

Baremo de méritos da fase de provisión

1. Entrevista:

A valoración da entrevista cualificarase cun máximo de 30 puntos.

2. Experiencia profesional:

Valorarase a experiencia profesional nas correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario con nomeamento fixo ou temporal. Para estes efectos os servizos prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no estatuto xurídico de persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario ao servizo das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

2.1. Por servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde:

a)Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,6 puntos por mes traballado.

b)En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,3 puntos por mes traballado.

2.2. Polos servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servizos de Saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,2 puntos por mes traballado.

b) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,1 puntos por mes traballado.

O cómputo máximo de antigüidade por servizos prestados será de cincuenta e cinco puntos.

Para os efectos do cómputo dos servizos prestados establecidos no número 2 deste baremo, referido a experiencia profesional ao persoal de reforzos de atención primaria e ao facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servizos prestados calculándose conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción, realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados establecidos na anterior regra a).

3. Outros méritos:

a) 1. Por tese de doutoramento: 3 puntos.

2. Por tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

3. Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría e especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal, até un máximo de 10 puntos, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: difusión nacional: 0,25 / difusión internacional: 0,50.

Capítulo de libro: difusión nacional: 0,30 / difusión internacional: 0,60.

Libro completo: difusión nacional: 1,00 / difusión internacional: 2,00.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos a que se refire este número.

En todo caso, por esta alínea a) non se poderá obter unha puntuación superior a 10 puntos.

b) Por impartir docencia posgraduada na especialidade a que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano, ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO III

Relación de prazas básicas vacantes qe se ofertan

* Enxeñeiro superior.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

3201C.H. de Ourense2

3601C.H. Universitario de Vigo1

* Técnico superior en bioloxía.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña4

* Técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña3

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela6

2706C.H. da Costa-Burela1

3201C.H. de Ourense1

3601C.H. Universitario de Vigo3

3603C.H. de Pontevedra2

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

1509X.A.P. Santiago2

ANEXO IV

Centros en que poden existir prazas a resultas

* Centros hospitalarios.

CódigoCentro

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

CódigoCentro

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo

2706C.H. da Costa-Burela

2707C.H. de Monforte

3201C.H. de Ourense

3204C.H. de Valdeorras

3601C.H. Universitario de Vigo

3603C.H. de Pontevedra

* Xerencias de atención primaria.

CódigoXerencia de atención primaria

1507X.A.P. Coruña

1508X.A.P. Ferrol

1509X.A.P. de Santiago

2703X.A.P. de Lugo

3206X.A.P. de Ourense

3606X.A.P. Vigo

3612X.A.P. Pontevedra

ANEXO V

Autobaremación de méritos da fase de provisión

Categoría/especialidade:

Nome e apelidos:DNI:

1. Experiencia profesional (máximo 55 puntos) Meses Puntuación

1.1. En institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde.

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,6 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa con: 0,45 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,3 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,225 puntos/mes.

1.2. En institucións sanitarias dependentes doutros servizos de saúde. Meses Puntuación

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,2 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,15 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,1 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,075 puntos/mes.

Nota:

* Para o cómputo dos servizos prestados, referido a experiencia profesional, ao persoal de reforzo en atención primaria e ao facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servizos prestados, que se calculará conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada 190 horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro do mes natural se realizasen máis de 190 horas, soamente se poderá valorar un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo dos servizos prestados establecidos na anterior regra a).

* Cómputo dos servizos prestados en réxime laboral: os servizos prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non

sanitario ao servizo das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

* Servizos prestados por persoal de asistencia pública domiciliaria: os servizos prestados á Segu

ridade Social, no ámbito da atención primaria, polo persoal de asistencia pública domiciliaria, equivalerán para os efectos dos baremos previstos na Lei 16/2001, do 21 de novembro, tanto na fase de selección como na de provisión, aos prestados nas categorías que lles correspondan.

2. Outros méritos:Puntuación

a) Tese de doutoramento e traballos científicos: (máximo 10 puntos)

a) 1. Tese de doutoramento: 3 puntos.

a) 2. Tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

a) 3. Traballos científicos e de investigación relacionados coa categoría e especialidade, apreciados libremente polo tribunal:

-Non se valorarán máis de 3 capítulos dun mesmo libro.

-Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos.

NúmeroPuntuación

Difusión nacionalPublicación revista

(0,25 puntos)

Capítulo libro

(0,30 puntos)

Libro completo

(1 punto)

Difusión internacionalPublicación revista

(0,50 puntos)

Capítulo libro

(0,60 puntos)

Libro completo

(2 puntos)

b) Docencia posgraduada (máximo 5 puntos)AnosPuntuación

Na mesma especialidade a que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano.

Méritos da fase de provisión.

Experiencia profesional:

Outros méritos:

Total:

ANEXO VI

Comisións delegadas

* Enxeñeiro superior.

-Membros titulares:

Presidenta: Dulce García Lemos.

Secretaria: Cristina Blanco Aragón.

Vogais:

Belén Currás Prado.

Ramón Ordás Badía.

En representación das organizacións sindicais: Martín Mota Ceruelo.

-Membros suplentes:

Presidente: José Ignacio Morato Miguel.

Secretaria: Mercedes Carracedo Durán.

Vogais:

Manuel Morato Miguel.

Enrique Pardo Landrobe.

En representación das organizacións sindicais: Roberto Barral Blanco.

* Persoal técnico superior en bioloxía.

-Membros titulares:

Presidente: Ángel Gómez Amorín.

Secretaria: Mercedes Pazos Gil.

Vogais:

María del Carmen Couceiro Méndez.

Consuelo Carballeira Roca.

En representación das organizacións sindicais: Francisco Javier Peteiro Cartelle.

-Membros suplentes:

Presidenta: Estrella López-Pardo y Pardo.

Secretaria: Ana Comesaña Álvarez.

Vogais:

Carmen Golpe Veiga.

Rosa Araújo Liz.

En representación das organizacións sindicais: Juan Evaristo Rodríguez Vázquez.

* Técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.

-Membros titulares:

Presidente: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo.

Secretaria: Mª del Rosario García Villadangos.

Vogais:

Constantino Carreiras Souto.

Mercedes Castro Seijas.

En representación das organizacións sindicais: José Antonio Montaos Nieto.

-Membros suplentes:

Presidente: Federico Ordax-Avecilla Varela.

Secretaria: Mª José Pérez Dafonte.

Vogais:

Xurxo Hervada Vidal.

Eladio Andión Campos.

En representación das organizacións sindicais: Roberto Barral Blanco.