DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.673

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de decembro de 2004 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego de diversas categorías.

A base décimo segunda das ordes desta consellería do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde das categorías de enxeñeiro técnico, albanel, calefactor, carpinteiro, condutor, controlador de subministracións, electricista, fontaneiro, fotógrafo, gobernante, grupo de xestión da función administrativa, matrona, mecánico, monitor, peón, perruqueiro, pintor, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista en radioterapia, técnico ortopédico, telefonista, terapeuta ocupacional e xardineiro establece que, rematada a fase de selección, se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección das devanditas categorías, procede agora convocar a súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Publicar a convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego das categorías de enxeñeiro técnico, albanel, calefactor, carpinteiro, condutor, controlador de subministracións, electricista, fontaneiro, fotógrafo, gobernante, grupo de xestión da función administrativa, matrona, mecánico, monitor, peón, perruqueiro, pintor, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista en radioterapia, técnico ortopédico, telefonista, terapeuta ocupacional e xardineiro convocadas polas ordes desta consellería do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta orde.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o proceso e os que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potesta

tivamente, no prazo dun mes poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2004.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Bases

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas básicas vacantes de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías de enxeñeiro técnico, albanel, calefactor, carpinteiro, condutor, controlador de subministracións, electricista, fontaneiro, fotógrafo, gobernante, grupo de xestión da función administrativa, matrona, mecánico, monitor, peón, perruqueiro, pintor, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista en radioterapia, técnico ortopédico, telefonista, terapeuta ocupacional e xardineiro que, para cada centro se especifican no anexo III desta orde.

As prazas que se convocan son as ofertadas para a fase de selección nas ordes desta consellería do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), toda vez que non concorren as circunstancias previstas para a súa ampliación na súa base novena. Así mesmo, e de acordo co establecido no artigo 7.2º b) da Lei 16/2001, do 21 de novembro, convócanse as prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en situación de reingreso provisional ao servizo activo. Por último, convócanse prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en comisión de servizos.

2. As prazas de atención especializada distribúense por centros ou complexos hospitalarios.

3. As prazas de atención primaria corresponden aos distintos centros de xestión de atención primaria existentes na Comunidade Autónoma.

4. A fase de provisión rexerase polas presentes bases así como pola Lei 16/2001, do 21 de novembro.

Segunda.-Persoal que poderá participar voluntariamente na fase de provisión.

Poderá participar voluntariamente na fase de provisión o seguinte persoal estatutario fixo:

1. O persoal estatutario fixo da mesma categoría e que se atope desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias da Seguridade Social, sexan cales fosen as administracións públicas de que aquela dependa e sexa cal fose a data en que tomase posesión.

2. O persoal estatutario fixo en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza da mesma categoría, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ao servizo activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar nesta fase, sen que lle sexa exixible prazo ningún de permanencia na mencionada situación.

3. O persoal funcionario de carreira ou laboral fixo que se atope desempeñando ou teña praza reservada nos centros de xestión de atención especializada do Servizo Galego de Saúde a que se refire o artigo 1 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, así como o persoal en situación de excedencia voluntaria nos devanditos centros, sempre que, neste último caso, non transcorrese o tempo máximo da excedencia previsto legalmente para cada caso.

A participación deste persoal na fase de provision e a adxudicación de praza quedará condicionada á súa solicitude de integración e posterior resolución favorable da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde que, en cumprimento do establecido no Acordo de mellora retributiva e profesional do 1 de outubro de 2003, sexa ditado por esta consellería.

Este persoal poderá participar na categoría homologable ou unha que se corresponda coas funcións que vén desempeñando, cando fosen varias as categorías homologables, sempre que estean en posesión da titulación exixida pola legislación vixente, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 e na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, antes citado.

Terceira.-Persoal que deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión.

Deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión o seguinte persoal:

1. O persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación de persoal estatutario en expectativa de destino. O persoal que se atope nesta situación e que non participe na fase de provisión decaerá nos seus dereitos, sen que se lle poida adxudicar ningunha praza, e perderá a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Os que, como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría ou, se é o caso, especialidade, accedesen

á situación de expectativa de destino en máis dunha delas, unicamente poderán participar na fase de provisión nunha soa categoría ou especialidade.

2. O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, e deberá solicitar necesariamente, por orde de preferencia, todas as prazas convocadas da súa categoría, modalidade e área de saúde á que pertenza a praza que desempeña con carácter provisional. O reingresado provisional que non obteña praza definitiva na fase de provisión, tendo solicitadas todas as convocadas na súa categoría, modalidade e área de saúde, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución da fase de provisión ou pasar novamente á situación de excedencia voluntaria, sen prexuízo do establecido no punto 2 da base oitava desta orde. O reingresado provisional que non participe nesta fase ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Cuarta.-Procedemento da fase de provisión.

A fase de provisión consistirá na valoración dos méritos achegados polos participantes conforme o baremo que figura como anexo II desta orde e referidos ao día de publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia.

Quinta.-Solicitudes.

1. Cada participante deberá cubrir unha única solicitude, axustándose necesariamente ao modelo de solicitude que figura no anexo V respectando estritamente a codificación que identifica a cada centro.

Igualmente poderán utilizar o modelo que figura na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

2. Os participantes procedentes da situación de expectativa de destino deberán solicitar, por orde de preferencia, todas as prazas ofertadas no anexo III, podendo solicitar ademais aqueloutras non ofertadas no citado anexo que consideren convenientes. No caso de non solicitar todas as prazas ofertadas, pasarán á situación de excedencia voluntaria, sen que se proceda a valorar a súa solicitude.

3. O persoal con nomeamento estatutario fixo que participe na fase de provisión, e que non se encontre na situación de expectativa de destino, poderá solicitar a praza ou prazas que considere conveniente, figuren ou non entre as ofertadas no anexo III desta orde, sen que teña obriga de pedir un número determinado delas, sen prexuízo do establecido a continuación para os reingresados provisionais.

4. O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde deberá solicitar as prazas conforme o establecido no punto 2 da base terceira desta orde, podendo solicitar ademais aqueloutras non ofertadas no anexo III que considere conveniente.

5. Para estes efectos, os centros nos que poden existir prazas das categorías, e que polo tanto, poden solicitarse a resultas, son os que figuran no anexo IV desta orde.

6. A solicitude de praza nun centro ou complexo hospitalario supón a petición da totalidade das prazas convocadas nel, así como as que queden vacantes no devandito centro como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

7. A solicitude de praza nunha xerencia de atención primaria supón a petición da totalidade das prazas convocadas nela, así como as que queden vacantes na devandita xerencia como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de ser adxudicadas en resultas.

8. As solicitudes, que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703-Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión á fase de provisión debe figurar o selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados:

a) Na Consellería de Sanidade.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

d) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

9. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

10. Durante o prazo de presentación de solicitudes, os participantes poderán retirar ou modificar as súas solicitudes mediante a presentación dunha nova, que anulará totalmente a anterior. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a modificación ou retirada da solicitude nin a presentación de novos documentos.

Sexta.-Documentación.

1. Todos os participantes, con carácter xeral, deberán presentar a seguinte documentación:

I) Fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

II) Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas dos méritos alegados.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera do oficiais do Estado español.

2. O persoal con nomeamento estatutario fixo na categoría deberá xuntar ademais copia compulsada do seu último nomeamento en propiedade.

3. O persoal en situación de excedencia presentará ademais copia compulsada da resolución na que se lle concedeu.

4. O persoal en reingreso provisional presentará ademais copia compulsada da resolución pola cal se lle autorizou o reingreso.

Sétima.-Resolución da fase de provisión.

1. Rematada a baremación dos méritos achegados polos participantes, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se aprobe a relación provisional das puntuacións obtidas por aqueles así como os destinos provisionais adxudicados.

Contra ela, os participantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da citada resolución, para formularen reclamacións que estimen pertinentes.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se aprobe a relación definitiva das puntuacións obtidas polos participantes e os destinos definitivos adxudicados. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.

3. En caso de empate na puntuación final obtida no concurso, resolverase a prol do participante que acredite o maior tempo total de servizos prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servizos de saúde. De persistir o empate, resolverase a prol da mellor puntuación obtida nos puntos 2.1 e 2.2 do baremo que figura como anexo II, e pola súa orde. De persistir o empate, para os participantes procedentes da situación de expectativa de destino, dirimirase a prol do que acredite maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto, e de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. Por último, decidirá a maior idade.

Para os participantes que non procedan da situación de expectativa de destino, de persistir o empate, resolverase a prol do participante que leve máis tempo desempeñando efectivamente a praza desde a que concursa. De persistir o empate, resolverase a prol do participante de maior idade.

Oitava.-Peche da fase de provisión.

1. Se como consecuencia da provisión establecida na base anterior, aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, cubriranse de forma centralizada en función da puntuación obtida conforme o baremo de méritos que se publica como anexo II desta orde. Para iso a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará unha listaxe coas ditas prazas e abrirá un prazo de dez días hábiles para que os participantes que non fosen adxudicatarios de praza, elixan todas as ofertadas pola súa orde de preferencia.

2. O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de

Saúde, que, participando na fase de provisión e solicitando todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde non obtivese destino definitivo nela, deberá participar obrigatoriamente neste peche da fase de provisión sempre que se oferten prazas da súa categoría, modalidade e área de saúde. O reingresado provisional que non participe neste peche da fase de provisión ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría, modalidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

3. Concluído este procedemento, se aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, para a súa cobertura, seguirase o mesmo procedemento previsto nesta base.

4. En caso de empate utilizaranse os criterios establecidos no punto 3 da base sétima desta orde.

Novena.-Nomeamentos.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, o persoal en situación de expectativa de destino que obtivese praza na fase de provisión será nomeado persoal estatutario fixo. Aqueles que, estando nesta situación, non obtivesen praza, e participasen integramente na fase de provisión e no seu peche, serán nomeados persoal estatutario fixo en situación de excedencia voluntaria, sen que se lles exixa o período mínimo legalmente establecido para solicitar o reingreso.

Décima.-Asignación de prazas.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva do total dos adxudicatarios, con expresión concreta da praza adxudicada. Esta resolución abrirá o prazo de toma de posesión.

Undécima.-Toma de posesión.

1. Os adxudicatarios procedentes da fase de selección disporán dun prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución a que se refire a base anterior, para efectuaren a toma de posesión. De non se producir a toma de posesión no prazo indicado sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento como persoal estatutario fixo da respectiva categoría e perderán os dereitos derivados da súa participación no proceso de consolidación de emprego.

Este mesmo prazo aplicarase no caso de que a adxudicación de praza supoña o reingreso ao servizo activo. En ambos os dous casos, este período non será retribuído.

2. Cando o adxudicatario sexa persoal estatutario con praza en propiedade na mesma categoría á que concursou e non proceda da fase de selección, deberá cesar na que, se é o caso, desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución a que se refire a base anterior. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades do servizo, poderá ampliar este prazo até dez días.

A toma de posesión na nova praza deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta

localidade pero da mesma área de saúde; ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza que xa viñesen ocupando praza na mesma localidade, en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

O prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ao servizo da Administración autonómica.

Cando o adxudicatario non tome posesión da praza adxudicada no prazo indicado sen causa xustificada, perderá todos os dereitos derivados da súa participación nesta convocatoria. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario e será declarado na devandita situación quen non se incorpore ao destino obtido dentro dos prazos establecidos ou das súas prórrogas que legal o regulamentariamente procedan. Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas así apreciadas pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde logo da audiencia do interesado, poderá deixarse sen efecto a devandita situación. En tal caso o interesado deberá incorporarse ao seu destino tan pronto desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

3. A toma de posesión da praza adxudicada levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda, aplicándose os criterios de cesamento do Servizo Galego de Saúde.

ANEXO II

Baremo de méritos da fase de provisión

1. Por ter, na data de publicación da fase de provisión, nomeamento estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social na mesma categoría na que se participa:

a) No Servizo Galego de Saúde: 60 puntos.

b) Noutros servizos de saúde: 20 puntos.

2. Experiencia profesional:

Valorarase a experiencia profesional nas correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario con nomeamento fixo ou temporal. Para estes efectos os servizos prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario ao servizo das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

2.1. Por servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde:

a) Na mesma categoría profesional á que se concursa: 0,3 puntos por mes traballado.

b) Nas categorías do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación que a categoría na que se concursa: 0,225 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional que á que se concursa: 0,15 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional que á que se concursa: 0,113 puntos por mes traballado.

2.2. Polos servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servizos de saúde:

a) Na mesma categoría profesional á que se concursa: 0,1 puntos por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación que a categoría na que se concursa: 0,075 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional que á que se concursa: 0,05 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional que á que se concursa: 0,038 puntos por mes traballado.

O cómputo máximo de antigüidade por servizos prestados polo punto 2 será de sesenta puntos. A puntuación obtida no punto 2 poderase acumular, se é o caso, á conseguida no punto 1 deste baremo.

Para os efectos do cómputo dos servizos prestados establecidos no punto 2 deste baremo, referido a experiencia profesional ao persoal de reforzos de atención primaria e ao facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servizos prestados calculándose conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción, realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados establecidos na anterior regra a).

ANEXO III

Relación de prazas básicas vacantes qe se ofertan

* Enxeñeiro técnico.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo3

2706C.H. da Costa-Burela1

2707C.H. de Monforte1

3201C.H. de Ourense3

3204C.H. de Valdeorras1

3601C.H. Universitario de Vigo1

3603C.H. de Pontevedra2

* Albanel.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela2

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

2707C.H. de Monforte1

3201C.H. de Ourense2

3204C.H. de Valdeorras1

3601C.H. Universitario de Vigo2

3603C.H. de Pontevedra1

* Calefactor.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña2

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol3

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela2

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo2

2706C.H. da Costa-Burela3

2707C.H. de Monforte1

3201C.H. de Ourense3

3601C.H. Universitario de Vigo4

3603C.H. de Pontevedra1

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

3206X.A.P. de Ourense1

* Carpinteiro.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol3

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela6

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

3201C.H. de Ourense1

3204C.H. de Valdeorras1

3601C.H. Universitario de Vigo2

3603C.H. de Pontevedra3

* Condutor.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela2

3201C.H. de Ourense2

3601C.H. Universitario de Vigo1

3603C.H. de Pontevedra2

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

1507X.A.P. Coruña2

* Controlador de subministracións.

CódigoCentroNº prazas

3601C.H. Universitario de Vigo1

* Electricista.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña9

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol4

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela5

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo6

2706C.H. da Costa-Burela3

2707C.H. de Monforte1

3201C.H. de Ourense3

3204H.C. de Valdeorras3

3601C.H. Universitario de Vigo8

3603C.H. de Pontevedra4

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

3206X.A.P. de Ourense1

* Fontaneiro.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña7

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

2706C.H. da Costa-Burela1

3201C.H. de Ourense1

3601C.H. Universitario de Vigo2

* Fotógrafo.

CódigoCentroNº prazas

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

* Gobernante.

CódigoCentroNº prazas

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela3

3601C.H. Universitario de Vigo3

3603C.H. de Pontevedra4

* Grupo de xestión da función administrativa.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela2

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo3

CódigoCentroNº prazas

3201C.H. de Ourense1

3601C.H. Universitario de Vigo7

3603C.H. de Pontevedra1

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

1507X.A.P. Coruña2

1508X.A.P. Ferrol1

1509X.A.P. Santiago1

3206X.A.P. Ourense1

* Matrona.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña3

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol1

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo3

3201C.H. de Ourense1

3601C.H. Universitario de Vigo4

3603C.H. de Pontevedra3

* Mecánico.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña7

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol1

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela6

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo2

3201C.H. de Ourense1

3204C.H. de Valdeorras1

3601C.H. Universitario de Vigo6

3603C.H. de Pontevedra2

* Monitor.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

* Peón.

CódigoCentroNº prazas

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

3201C.H. de Ourense5

3601C.H. Universitario de Vigo1

* Perruqueiro.

CódigoCentroNº prazas

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela3

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo2

3201C.H. de Ourense2

CódigoCentroNº prazas

3601C.H. Universitario de Vigo3

3603C.H. de Pontevedra1

* Pintor.

CódigoCentroNº prazas

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

3601C.H. Universitario de Vigo1

* Técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña2

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo2

2706C.H. da Costa-Burela2

2707C.H. de Monforte1

3201C.H. de Ourense4

3204H.C. de Valdeorras1

3601C.H. Universitario de Vigo2

3603C.H. de Pontevedra2

CódigoXerencia de atención primariaNº prazas

1507X.A.P. Coruña2

1508X.A.P. Ferrol1

1509X.A.P. Santiago1

2703X.A.P. Lugo1

3206X.A.P. Ourense2

3606X.A.P. Vigo1

3612X.A.P. Pontevedra1

* Técnico especialista en radioterapia.

CódigoCentroNº prazas

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela3

3201C.H. de Ourense1

* Técnico ortopédico.

CódigoCentroNº prazas

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

* Telefonista.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña2

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela5

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo1

CódigoCentroNº prazas

2706C.H. da Costa-Burela2

3201C.H. de Ourense1

3204C.H. de Valdeorras2

3601C.H. Universitario de Vigo5

3603C.H. de Pontevedra2

* Terapeuta ocupacional.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña2

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol2

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela3

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo2

2706C.H. da Costa-Burela1

3201C.H. de Ourense1

3601C.H. Universitario de Vigo1

* Xardineiro.

CódigoCentroNº prazas

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña1

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela1

3201C.H. de Ourense2

ANEXO IV

Centros en que poden existir prazas a resultas

* Centros hospitalarios.

CódigoCentro

1501C.H. Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

1505C.H. A. Marcide-Novoa Santos de Ferrol

1571C.H. Universitario de Santiago de Compostela

2701C.H. Xeral-Calde de Lugo

2706C.H. da Costa-Burela

2707C.H. de Monforte

3201C.H. de Ourense

3204C.H. de Valdeorras

3601C.H. Universitario de Vigo

3603C.H. de Pontevedra

* Xerencias de atención primaria.

CódigoXerencia de atención primaria

1507X.A.P. Coruña

1508X.A.P. Ferrol

1509X.A.P. de Santiago

2703X.A.P. de Lugo

3206X.A.P. de Ourense

3606X.A.P. Vigo

3612X.A.P. Pontevedra