DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.671

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V, de conformidade co establecido na Resolución do 17 de novembro de 2003.

Rematados os prazos fixados pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 21 de outubro de 2004 (DOG nº 211, do 29 de outubro) pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V, constatada a existencia dalgúns erros materiais e vistas polas comisións permanentes para a contratación temporal de persoal laboral as alegacións formuladas polos interesados na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V. As listas estarán expostas na forma que seguidamente se indica:

-Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas

oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da internet da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme os Decretos 89/1997, do 10 de abril e 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos, de ser o caso, disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto.-De conformidade co establecido no punto 3.2.2. da base 3ª da Resolución do 17 de novembro de 2003 (DOG nº 228, do 24 de novembro), desde o día seguinte ao da publicación no DOG do anuncio de exposición das listas definitivas desta convocatoria quedará permanentemente aberto o prazo para a presentación de novas solicitudes segundo o establecido nos artigos 3º e 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Sexto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública