DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.671

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2004, do tribunal III-J, designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso a categoría 069 (oficial de servizos técnicos) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de acceso libre.

En sesión celebrada o día 20 de decembro de 2004, o tribunal III-J, designado pola Orde do 27 de maio de 2004 para xulgar o proceso selectivo para o acceso a categoría 069 (oficial de servizos técnicos) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro), para a quenda de acceso libre, acordou:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisorias da fase de concurso obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición da categoría 069, pola quenda de acceso libre, atopándose expostas na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nas súas delegacións provinciais, así como na páxina web www.xunta.es.

Segundo.-Conceder un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para efectos da presentación de alegacións en relación coa presente resolución, dirixidas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2004.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta del tribunal