DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.669

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso ás categorías 002 e 105 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición da quenda de promoción interna e cambio de categoría das categorías 002 e 105, e do terceiro exercicio da fase de oposición da quenda de acceso libre da categoría 002. Así mesmo, ábrese o prazo para presentar a documentación relativa á fase de concurso da quenda de promoción interna e da quenda de acceso libre.

En sesión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2004, o tribunal designado por Orde do 13-5-2004 (DOG nº 99, do 25 de maio), para xulgar o proceso selectivo para o acceso ás categorías 002 (xefe/a de administración e outras) e 105 (mestre

de música tradicional) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, quenda de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro), acordou:

Primeiro.-De conformidade coas bases II.2.2 e II.2.1.1 das convocatorias da quenda de promoción interna e cambio de categoría e da quenda de acceso libre, comunícase mediante anuncio no DOG que as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías 002 e 105 do grupo III son as que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-De conformidade co disposto na base II.2.1 b.2 da convocatoria da quenda de promoción interna e cambio de categoría superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 12,5 puntos.

De conformidade co disposto na base II.2 c.2 da convocatoria da quenda de acceso libre superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 5 puntos.

Terceiro.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas en relación coa puntuación acadada, no prazo de dez (10) días hábiles

contados desde o seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De acordo co establecido na bases II.1.6 das convocatorias da quenda de promoción interna e cambio de categoría e da quenda de acceso libre, desde a data do anuncio de publicación no DOG das notas do segundo e do terceiro exercicio, respectivamente, da fase de oposición, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, así como a documentación acreditativa das condicións establecidas nas bases I.2 das convocatorias: a fotocopia compulsada do título exixido en relación co anexo I, ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.

María José Rodríguez García

Presidenta do tribunal III-E

ANEXO

Listaxe de puntuacións-2º exercicio.

Grupo III-categoría 105 (mestre de música tradicional).

Promoción interna:

DNI: 32760724F.

Apelidos e nome: Estévez Campos, Rosa Erea.

Puntuación: 9,00.

Listaxe de puntuacións-2º exercicio.

Grupo III-categoría 002 (xefe/a de administración e outras).

Promoción interna:

DNI: 35427271J.

Apelidos e nome: Gamarra Lozano, Clara Mª D.

Puntuación: 10,63.

DNI: 33244846W.

Apelidos e nome: Nieves Munín, Julio.

Puntuación: 13,13.

Listaxe de puntuacións-3º exercicio.

Grupo III-categoría 002 (xefe/a de administración e outras).

Acceso libre:

DNI: 36085625M.

Apelidos e nome: Álvarez Valencia, Ana Mª.

Puntuación: 7,5.