DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 22 de decembro de 2004 pola que se establecen axudas económicas para a adquisición de pastores eléctricos para reducir os danos que causan as especies cinexéticas aos cultivos.

O artigo 148.1º.11 da Constitución, así como o artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, confírelle á nosa comunidade a competencia exclusiva en materia de caza.

O Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, atribúelle á citada consellería, dentro das súas competencias, o fomento, a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos.

A Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

O incremento experimentado nos últimos años dalgunhas especies cinexéticas está sendo causa de ataques cada vez mais frecuentes dalgúns destes animais ás plantacións, tanto agrícolas como forestais, de Galicia. En evitación deles é necesario poñer en marcha un conxunto de medidas que permitan, por un lado controlar o volume adecuado das súas poboacións e por outro, protexer no posible os cultivos máis sensibles, así como proporcionarlles o alimento que necesitan, sen causar danos aos cultivos.

En todo caso, considérase estima de todo punto conveniente protexer as plantacións dos ataques dos animais, sobre todo naqueles lugares en que as características do medio se mostran especialmente propicias para que tales ataques se produzan.

En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas.

Establécese unha liña de axudas para a adquisición polos titulares dos terreos cinexéticos de pastores eléctricos, para a protección dos cultivos agrícolas e forestais que se encontren neles.

Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade e de obxectividade e someteranse en todos os seus extremos ao previsto nos artigos 78 y 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e ao previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderanse acoller a estas axudas os titulares de terreos cinexeticamente ordenados (TECOR) de titularidade privada.

Artigo 3º.-Actuación subvencionable.

1. Será obxecto de axuda a adquisición de pastores eléctricos, para protexer os cultivos dos ataques das especies cinexéticas.

2. Estas axudas son incompatibles con calquera outra que se poida conceder para o mesmo fin.

Artigo 4º.-Prioridades.

Daráselles prioridade aos tecores que se encontren comprendidos, total ou parcialmente, nalgunha das comarcas indicadas en el anexo I da presente orde, ata un máximo do 50% do crédito total dispoñible.

Artigo 5º.-Importe das axudas.

A contía única poderá ser de ata 75 euros por cada pastor eléctrico adquirido.

Artigo 6º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subvención irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e serán presentadas nas correspondentes delegacións provinciais, directamente ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, no prazo de corenta días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:

-Fotocopia do CIF/NIF do solicitante destinatario da subvención, ou persoa que o represente.

-Certificado da entidade financeira en que se encontra a conta do beneficiario para o pagamento da axuda, acreditativo da súa titularidade, número de conta e códigos da entidade, sucursal e control.

-Declaración do conxunto das solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

-Certificacións que acrediten que o beneficiario está ao corrente das obrigas tributarias e sociais e que non está pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, cando superen por beneficiario e axuda o importe de 1.500 euros, conforme prevé no artigo 42.g) da Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Artigo 7º.-Mellora e corrección das solicitudes.

Iniciado o procedemento, os servizos provinciais de conservación da natureza examinarán as solicitudes e documentos presentados. No caso de que fosen detectadas faltas ou omisións, requirirase o interesado para que sexan emendados ou completados, no prazo de 10 días hábiles seguintes da súa notificación, con indicación de que se así non o fai, será tido por desistido da súa petición, arqui

vándose o expediente sen máis tramite, cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 8º.-Resolución.

O conselleiro de Medio Ambiente, nun prazo máximo de tres meses, contados a partir da presentación da solicitude, resolverá conceder ou denegar as axudas solicitadas, en atención ao cumprimento dos requisitos que se conteñen nela e das dispoñibilidades orzamentarias. As solicitudes que non fosen expresamente resoltas podaranse estimar denegadas, sen prexuízo da obriga legal de resolver, que se establece no artigo 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes, dentro dos 10 días seguintes á toma do acordo.

Contra elas poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben, ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 9º.-Aceptación da axuda.

Unha vez resolta favorablemente a solicitude de axuda, o beneficiario disporá dun prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para remitir á Consellería de Medio Ambiente un escrito de aceptación da axuda, entendéndose, no caso contrario, que o beneficiario renuncia a ela.

Artigo 10º.-Procedemento de pagamento e xustificación.

1. A adquisición dos pastores eléctricos xustificarase mediante presentación da factura correspondente.

2. Ditada resolución aprobatoria e unha vez que se comprobe que o solicitante presentou a documentación exixida nesta orde, procederase ao pagamento da axuda, no prazo dos dous meses que sigan á resolución aprobatoria da solicitude.

En ningún caso procederán abonos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 11º.-Disposicións xerais.

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no artigo 33 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime

de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma, que desenvolve o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais o internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. Os beneficiarios están obrigados a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos da Consellería de Medio Ambiente, así como a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. Os beneficiarios quedan obrigados ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, de conformidade co disposto no artigo 19 do citado Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 12º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde serán financiadas por parte da Consellería de Medio Ambiente con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.342 A. 780.1, ata un importe máximo de 90.000 euros, sendo susceptible de ser incrementado en función das dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicación.

Disposición adicional

Única.-Esta orde de axudas tramitarase ao abeiro do establecido na Orde do 25 de outubro de 2001, pola que se modifica a Orde de 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, estando condicionada a concesión das axudas á aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza en xeral para ditar todas as disposicións complementarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Comarcas con mayor superficie de cultivo sensible

ComarcaConcellos

A BarbanzaBoiro

Pobra do Caramiñal, A

Rianxo

Ribeira

BergantiñosCabana de Bergantiños

Carballo

Coristanco

Laracha, A

Laxe

Malpica de Bergantiños

Ponteceso

BetanzosPaderne

Irixoa

Coirós

Aranga

MurosMuros

OrdesCerceda

Frades

Mesía

Ordes

Oroso

Tordoia

Trazo

Santiago de CompostelaAmes

Boqueixón

Brión

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

LemosChantada

Monforte

O Saviñao

Pobra de Brollón, A

LugoCastroverde

Corgo, O

Friol

Guntín

Lugo

Outeiro de Rei

Portomarín

Rábade

A Terra CháAbadín

Begonte

Castro de Rei

Cospeito

Guitiriz

Muras

Pastoriza, A

Vilalba

Xermade

O RibeiroLeiro

Cenlle

Castrelo de Miño

Rivadavia

A Arnoia

Carballeda de Avia

Evade

Cortegada

O CarballiñoSan Amaro

Boborás

O Carballiño

OurenseOurense

Toén

Nogueira de Ramuín

ComarcaConcellos

Terra de CelanovaCelanova

A LimiaRairiz de Veiga

Allariz-MacedaAllariz

ValedorasLarouco

Petín

A Rúa

O Bolo

Vilamartín de Valdeorras

O Barco de Valedoras

Carballeda de Valedoras

Rubiá

VerínVerín

Castrelo do Val

Monterrei

Oimbra

Terra de Caldelas-TrivesA Pobra de Trives

Castro Caldelas

Manzaneda

Parada de Sil

A Teixeira

VianaA Gudiña

Viana do Bolo

CaldasCaldas de Reis

Catoria

Cuntis

Moaña

Pontecesures

Portas

Valga

DezaAgolada

Dozón

Lalín

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

O Condado-A ParadantaA Cañiza

Covelo

Mondariz

Ponteareas

O MorrazoBueu

Cangas

Marín

O SalnésCambados

Meaño

Meis

Ribadumia

Sanxenxo

Vilagarcía de Arousa

Vilanova de Arousa

PontevedraCampo Lameiro

Cerdedo

Cotobade

Pontevedra

TabeirósA Estrada

Terra de MontesForcarei

VigoBaiona

Fornelos de Montes

Gondomar

Mos

Nigrán

Pazos de Borbén

O Porriño

Redondela

Salceda de Caselas

Soutomaior

Vigo

Máis: Paderne, Irixoa, Coirós, Aranga e Muros.