DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 27 de decembro de 2004 pola que se prrorroga a vixencia da Orde do 19 de xaneiro de 2004, pola que se aproban os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Con data do 29 de xaneiro de 2004, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 19 de xaneiro de 2004, pola que se aproban os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

O Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n º 245, do 20 de decembro), estableceu unha nova tipoloxía de espectáculos e actividades recreativas, que exixe que a nova orde que regule os seus horarios.

A disposición derradeira do Decreto 292/2004 establece que a entrada en vigor del será aos dous meses da súa publicación. Por esta razón, en tanto non entre en vigor xunto coa orde que regula os horarios, procede prorrogar a vixencia da Orde do 19 de xaneiro de 2004.

Polo exposto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO

Artigo único.-Prorrógase a vixencia da Orde do 19 de xaneiro de 2004 pola que se aproban os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, en tanto non se publique e entre en vigor a nova disposición reguladora dos horarios de apertura e peche.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, vintesete de decembro de dous mil catro.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO