DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 23 de decembro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas e se convocan para o ano 2005.

O Regulamento (CE) nº 1257/1999, do Consello, do 17 de marzo de 1999, establece o marco das axudas comunitarias a favor dun desenvolvemento rural sustentable. Estas axudas, que se centrarán nas actividades agrarias e na súa reconversión, poden ter por obxecto, entre outros, a reconversión e reorientación da capacidade de produción agraria e introdución de novas tecnoloxías e a mellora da calidade dos produtos; a diversificación das actividades coa creación doutras de carácter complementario e alternativo; o desenvolvemento de actividades económicas e o mantemento e creación de postos de traballo, o mantemento e fomento de sistemas agrícolas de baixos imputs; a conservación e promoción dunha natureza de alta calidade e dunha agricultura sustentable que respecte as exixencias ambientais.

Estes obxectivos preténdense acadar a través da presente orde, por medio de programas agrarios compactos que realicen as distintas organizacións ou agrupacións de produtores. Estes programas agrarios buscan, de forma xenérica, a redución de custos de produción e a mellora da eficacia dos sistemas produtivos incrementando, en definitiva, a renda dos agricultores.

Ademais, coa finalidade de orientar as actuacións cara a algúns dos obxectivos concretos, é necesario precisar algúns programas agrarios especiais. Neste senso, articúlase un programa especial dirixido á

promoción de iniciativas de desenvolvemento coa creación de actividades agrarias alternativas ou complementarias das explotacións; outro para a promoción de empresas de servizos agrarios; e outro encamiñado á introdución de técnicas de respecto ambiental e de produtos de calidade con garantía de salubridade referenciada, para o que tamén se considera necesario e como premisa a implantación de sistemas de rastrexabilidade en consonancia coa normativa de aplicación.

Conforme o anterior, dentro do marco das medidas previstas no programa operativo integrado de Galicia 2000-2006, co financiamento ao 75% con fondos do FEOGA-O e ao 25% con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia, a presente orde establece as bases reguladoras das axudas a determinados programas agrarios, xunto coa convocatoria para o ano 2005, de conformidade co previsto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A experiencia adquirida coa aplicación destas axudas en anteriores convocatorias fai conveniente efectuar puntuais modificacións nas bases reguladoras vixentes (Orde do 2 de agosto de 2002 modificada pola sección primeira da Orde do 23 de decembro de 2003). Deste xeito, establécese a refundición dos textos anteriores, incluíndo as novas modificacións na presente orde.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas a programas agrarios para a mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos sistemas produtivos agrícolas, así como a súa convocatoria para o ano 2005.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

As normas contidas nesta orde son de aplicación aos seguintes programas de incentivos:

1. Programas agrarios para a mellora dos procesos produtivos agrícolas (capítulo II).

2. Programas agrarios especiais (capítulo III) que comprenden:

2.1. Promoción de iniciativas de desenvolvemento coa creación de actividades alternativas ou complementarias das explotacións (sección 1ª).

2.2. Creación e mellora de empresas de servizos agrarios (sección 2ª).

2.3. Fomento da produción integrada, da agricultura ecolóxica e doutros programas sanitarios e técnicas de respecto ambiental (sección 3ª).

Dentro desta sección terceira do capítulo III, prevense as seguintes liñas de axuda:

2.3.I. Programas de defensa sanitaria dos cultivos.

2.3.II. Programas de control integrado dos patóxenos dos cultivos a través de agrupacións para tratamentos integrados en agricultura (ATRIA).

2.3.III. Fomento da produción integrada.

2.3.IV. Fomento da agricultura ecolóxica.

Artigo 3º.-Beneficiarios e principios de concesión.

1. Poderá acollerse a estas axudas, con carácter xeral, calquera entidade agraria, persoa física ou xurídica, vinculada ao sector agrario galego, que así se prevexa particularmente para cada tipo de programa agrario especificado nos capítulos II e III desta orde.

2. As axudas e subvencións reguladas nesta orde concederanse, en todo caso, con suxeición aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade e estarán supeditadas á existencia de crédito axeitado e suficiente nas correspondentes partidas orzamentarias.

3. O obxecto das distintas axudas, os requisitos que deben cumprir os beneficiarios para a súa obtención, as actuacións subvencionables coa súa porcentaxe máxima de axuda e modulación, así como a documentación complementaria necesaria en cada caso, son os establecidos para cada programa de incentivos nos seguintes capítulos desta orde.

Artigo 4º.-Programa de mellora e contía das axudas.

1. As actividades subvencionables deberán formar parte dun programa de mellora entendido como un conxunto de accións coordinadas e coherente que pretendan a consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

a) A reconversión e reorientación da capacidade de produción agraria e introdución de novas tecnoloxías e a mellora da calidade dos produtos.

b) A implantación de sistemas de rastrexabilidade.

c) A diversificación das actividades coa creación doutras complementarias ou alternativas.

d) O desenvolvemento de actividades económicas e creación e mantemento de postos de traballo.

e) O fomento de sistemas agrícolas de baixos imputs.

f) A conservación e promoción dunha agricultura sustentable.

2. A contía das axudas establecerase para cada programa agrario precisándose a modulación e porcentaxe máxima sobre o investimento realizado, que non poderá en ningún caso superar o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario (2000/C28/02).

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación complementaria.

1. Os interesados en acceder ás axudas previstas na presente orde deberán presentar unha solicitude

axustada ao modelo do anexo I, á que xuntarán debidamente cubertos os anexos II e III e, ademais, os correspondentes á liña ou liñas de axuda a solicitar dos anexos V, VI, VII, VIII, IX, X e XI específicos para cada suposto.

Será posible acollerse a todos os programas, sempre e cando se cumpran os requisitos específicos en cada caso.

2. Ademais da documentación complementaria que se sinale para cada tipo de programa agrario, a solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

a) Memoria técnica con clara especificación do programa de actuación que se pretenda desenvolver, obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.

b) Copia da tarxeta de identificación fiscal ou DNI e da acta de constitución da entidade, se é o caso.

c) Relación nominal informatizada dos socios titulares das explotacións que participen no programa.

d) Certificado orixinal da conta bancaria.

e) Relación de técnicos e outro persoal contratado responsable da execución do programa. Deberase acreditar a formación axeitada para o fin demandado dos técnicos propostos polo solicitante, e será valorada polos servizos provinciais de Explotacións Agrarias previamente á aprobación da axuda.

f) Xustificación dos empregos que consolida e xera o programa que se pretende levar a cabo, achegando, de ser o caso, o documento acreditativo dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina correspondente.

g) Factura pro-forma dos equipamentos que se van adquirir, se é o caso.

h) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas.

i) Copia da solicitude da licenza de obras para aquelas construcións ou instalacións fixas que, de acordo co establecido na normativa urbanística deban contar con licenza municipal.

Artigo 6º.-Criterios de selección.

1. Ademais dos criterios específicos de prioridade establecidos, de ser o caso, para os distintos programas de axudas, a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria clasificará as solicitudes presentadas de acordo cos seguintes criterios de selección:

a) Número de agricultores implicados no programa: ata 5 puntos de baremación.

b) Número de empregos que se crean como consecuencia da realización do programa agrario: ata 3 puntos.

c) Número de empregos que se manteñen só como consecuencia da realización do programa agrario: ata 2 puntos.

d) Tipo ou modalidade do programa: ata 10 puntos.

e) Entidades agrarias con explotacións sitas maioritariamente en zonas de montaña ou desfavorecidas: ata 3 puntos.

f) Entidades agrarias que engloben explotacións cualificadas maioritariamente como prioritarias: ata 2 puntos.

g) Número de explotacións asistidas pola empresa de servizos, se é o caso: ata 5 puntos.

h) Aplicación de técnicas de respecto ambiental: ata 10 puntos.

i) Os datos necesarios para a aplicación dos ditos criterios serán debidamente documentados e indicados polo solicitante, xuntando á solicitude, debidamente cuberto, o modelo do anexo II da presente orde.

Artigo 7º.-Resolución.

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por proposta do director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, resolverá sobre as solicitudes presentadas, no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da respectiva convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 8º.-Execución do programa e certificación.

1. Na resolución de concesión da axuda establecerase a data límite para a finalización das actuacións previstas nos programas de mellora. En casos excepcionais en que o beneficiario, por causa debidamente xustificada, non poida rematar a mellora no prazo establecido, deberá solicitar unha prórroga do prazo de execución, con anterioridade ao transcurso do prazo máximo, especificando os motivos e o prazo de prórroga, que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

O incumprimento do prazo de realización das melloras e, de ser o caso, da prórroga aprobada, poderá levar consigo a perda dos dereitos á axuda correspondente.

2. Só serán auxiliables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de entrada en vigor da respectiva convocatoria, sempre que se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos, agás o previsto no parágrafo seguinte.

Excepcionalmente, para aqueles investimentos de implantación de material vexetal ou plantas nai que requiran tecnicamente a súa realización no período invernal de parada vexetativa, poderán auxiliarse as actividades xa iniciadas no ano con anterioridade á entrada en vigor da respectiva convocatoria. Neste caso, a dita circunstancia será debidamente xustificada no momento da presentación da solicitude de axuda.

3. Unha vez realizados os investimentos previstos, os interesados deberán comunicar a finalización da execución do programa, por escrito, preferentemente aos servizos provinciais de Explotacións Agrarias, con anterioridade ao remate do prazo concedido para a súa execución. Coa dita comunicación xuntaranse os xustificantes do investido tales como facturas pagadas ou nóminas e, ademais, unha memoria explicativa sobre a súa realización. Nos programas agrarios que conteñan asistencia técnica deberán achegarse as actas das visitas técnicas nas explotacións das cales se desprendan as principais incidencias e recomendacións, asinadas polo técnico e o responsable da explotación.

Para poder proceder ao pagamento, o programa agrario subvencionado deberá estar executado suficientemente de xeito que non se comprometa a súa viabilidade e, concretamente, efectuarase un mínimo do 60% do investimento material previsto.

A falta de comunicación ou de realización dos investimentos entenderanse como renuncia ás axudas concedidas, quedando sen efecto a resolución de concesión da axuda.

4. Unha vez comprobada a execución do programa, os técnicos dos servizos provinciais de Explotacións Agrarias realizarán as correspondentes certificacións previas ao pagamento das axudas.

No momento da certificación das actuacións obxecto do programa, os interesados deberán xustificar que están ao día no cumprimento das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, por medio dos correspondentes certificados da Axencia Tributaria e da Tesouraría da Seguridade Social. Así mesmo, presentarán xustificación de non ter ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Unha vez efectuado o pagamento da axuda, a entidade agraria beneficiaria deberá presentar no prazo máximo de 2 meses os xustificantes acreditativos de ter repercutido a axuda, se é o caso, nos técnicos, asociados ou destinatarios finais do programa aprobado.

Artigo 9º.-Concorrencia e acumulación de axudas.

1. As axudas reguladas na presente orde serán incompatibles con calquera outra das outorgadas polas distintas administracións públicas, referidas aos mesmos investimentos e, en particular, coas axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

2. Ademais do previsto na alínea h) do artigo 5º.2 desta orde respecto da declaración que se vai presentar coa solicitude de axuda, os beneficiarios presentarán coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final da axuda, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións

públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 10º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control da Unión Europea.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución de concesión, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran as condicións previstas no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 12º.-Reintegro das axudas.

Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora producidos desde o pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 13º.-Recursos administrativos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa; ou de seis meses, contados a partir

do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 14º.-Infraccións e sancións.

Ademais do disposto no Regulamento (CE) 1260/1999, do 21 de xuño, polo que se establecen disposicións xerais sobre os fondos estruturais e demais regulamentación comunitaria de aplicación, seralles de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Capítulo II

Programas agrarios para a mellora dos procesos

produtivos agrícolas (MPPA)

Artigo 15º.-Obxecto.

As axudas previstas neste capítulo teñen por finalidade a consecución dos seguintes obxectivos:

a) A creación de sistemas produtivos de réxime asociativo que persigan a redución de custos e/ou a mellora da calidade.

b) Asentar as bases estruturais para o establecemento de sistemas de produción respectuosos co ambiente e a saúde dos consumidores así como para garantir a rastrexabilidade das producións.

c) A dotación tecnolóxica e de asistencia técnica para levar a cabo os programas, así como as actividades encamiñadas a incrementar o nivel de formación dos asociados e traballadores.

d) Sentar as bases técnicas necesarias para o desenvolvemento de procesos produtivos innovadores mediante estudos, proxectos e ensaios, para a súa posterior transferencia.

Artigo 16º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as asociacións ou agrupacións de agricultores e as súas federacións recoñecidas oficialmente, as entidades relacionadas coa agricultura formalmente constituídas, así como outras entidades sen ánimo de lucro.

Artigo 17º.-Clase e contía das axudas.

1. As axudas incluídas nos programas agrarios para a mellora dos procesos produtivos agrícolas poderán consistir en:

I. O fomento da asistencia técnica mediante:

a) A contratación de persoal técnico con carácter exclusivo e por un período mínimo de tres anos: ata o 70% do custo do contrato.

b) A contratación de persoal técnico e auxiliar por un período de tempo inferior a tres anos ou ben con carácter eventual ou de temporada: ata o 50% do custo do contrato.

c) Os contratos con empresas de servizos de garantía suficiente para o seguimento e asistencia en programas agrarios: ata o 50% do custo do contrato.

II. Investimentos en bens e servizos necesarios para a correcta execución do programa: ata o 40% dos investimentos, agás para aqueles solicitantes titulares de explotacións que estean situadas en zonas desfavorecidas, nas cales esta porcentaxe poderá acadar o 50%.

Non obstante, cando estes investimentos supoñan un aumento dos custos derivados da protección e mellora do ambiente, indo máis alén dos requisitos comunitarios vixentes, as axudas poderán chegar ata o 70% ou 75%, respectivamente.

III. Apoio técnico e outros programas especiais:

a) Estudos técnicos, de viabilidade ou de mercado necesarios para realizar o programa agrario: ata o 50% dos custos subvencionables, sen que poida exceder 12.000 euros por proxecto.

b) Ensaios, proxectos de demostración e outros estudos de campo ou de laboratorio e outros apoios técnicos: ata o 75% do custo. En todo caso, os investimentos en bens e instalacións necesarias para levar a cabo estes traballos poderán subvencionarse ata o 50%.

c) Para cada unha das axudas establecidas anteriormente poderán aplicarse módulos máximos adaptados aos distintos investimentos, definidos pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 18º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os beneficiarios deberán cuantificar suficientemente as súas necesidades en asistencia técnica en función do número de explotacións e superficie agrícola acollida ao programa agrario relacionados coa suma de unidades de traballo do persoal técnico e auxiliar proposto.

Artigo 19º.-Documentación complementaria.

No suposto da contratación de asistencia técnica deberá xuntarse a seguinte documentación:

a) Coa solicitude de axuda, unha memoria xustificativa que conteña o número de explotacións e superficie de cada un dos cultivos a que se vaia dar servizo, así como xustificación das horas que cada tarefa implica por unidade de superficie e/ou explotación, de xeito que se poida concluír a necesidade total da contratación.

b) Coa documentación acreditativa da execución do programa achegarase copia dos contratos TC1, TC2 e as nóminas dos traballadores ou ben o contrato coas empresas de servizos, segundo o caso.

Capítulo III

Programas agrarios especiais

Sección primeira

Promoción de iniciativas de desenvolvemento coa

creación de actividades alternativas ou

complementarias das explotacións (CAAC)

Artigo 20º.-Obxecto.

O obxecto das axudas previstas nesta sección é:

a) A promoción do desenvolvemento rural sustentable coa introdución de núcleos de produción agrí

cola, con comercialización garantida, formados por un mínimo de produtores e que normalmente xeran man de obra eventual ou fixa, así como actividades de primeira transformación.

b) A creación de actividades agrícolas alternativas e/ou complementarias das explotacións baseadas en producións agrícolas non continxentadas e que supoñen un complemento de renda e/ou certa innovación.

Artigo 21º.-Beneficiarios e prioridades.

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades agrarias, calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre e cando estean vinculadas ao sector agrario galego e promovan estes programas nun mínimo de oito explotacións agrarias asociadas.

2. Como excepción do disposto no artigo 6º e), as entidades que agrupen explotacións sitas en zonas desfavorecidas ou de montaña segundo a Directiva 75/268/CEE poderán baremarse neste programa ata con 10 puntos.

Artigo 22º.-Clase e contía das axudas.

As actuacións obxecto das axudas previstas nesta sección primeira consistirán en:

a) Investimento en estruturas produtivas necesarias para a implantación do cultivo ou actividade complementaria/alternativa: ata o 40% do investimento.

b) Investimento en bens e equipamentos para o inicio e mellora dos procesos produtivos: ata o 40% do investimento.

Canto aos casos de zonas desfavorecidas, custos derivados da protección e mellora do ambiente, haberá que aterse ao disposto no artigo 17º desta orde.

c) A asistencia técnica e apoio técnico que se subvencionarán de conformidade co establecido no capítulo II desta orde.

Artigo 23º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os solicitantes das axudas deberán cumprir os seguintes compromisos:

a) Contar coa asistencia técnica adecuada e suficiente ou ben solicitar a súa contratación de acordo co establecido no capítulo II desta orde.

b) Presentar un programa de formación e asesoramento dos produtores.

c) Garantir a comercialización das producións.

d) Comprometerse a manter os procesos produtivos dun xeito ecocompatible por un mínimo de 5 anos, utilizando sistemas de control integrado (C.I.), produción integrada (P.I.) ou agricultura ecolóxica (A.E.).

Artigo 24º.-Documentación complementaria.

Coa xustificación do programa, de acordo co previsto no artigo 8º.3 desta orde, os beneficiarios achegarán o compromiso ou o contrato de comerciali

zación das producións, así como os cadernos de explotación onde se recollan as distintas prácticas e tratamentos efectuados de acordo co sistema de produción elixido.

Sección segunda

Creación e mellora de empresas de

servizos agrarios (ESA)

Artigo 25º.-Obxecto.

Coas axudas previstas nesta sección preténdese facilitar a implantación e consolidación de empresas de servizos agrarios para compensar as consecuencias negativas da actividade a tempo parcial, a desprofesionalización, o envellecemento da poboación rural ou a falta de man de obra cualificada, presente en moitos sectores produtivos.

As empresas de servizos terán como obxectivo o apoio a produtores agrícolas e agrupacións de produtores, prestando servizos integrados, tales como realización de labores técnicos e de xestión (plantacións, podas, tratamentos, asesoramento e seguimento técnico, etc).

Artigo 26º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas agrarias, calquera que sexa a súa forma xurídica, dadas de alta no imposto de actividades económicas (IAE), no seu epígrafe 911 Servizos Agrícolas e Gandeiros. Estas empresas agrarias deberán exercer toda a súa actividade nos procesos produtivos das explotacións en programa, utilizando todos os investimentos obxecto da axuda unicamente para eses fins.

2. Cando se trate da constitución dunha nova empresa, calquera persoa física ou xurídica poderá actuar como o seu promotor e solicitar as ditas axudas. Unha vez constituída a empresa, esta subrogarase nos dereitos e obrigas do promotor, pasando a ser a beneficiaria última e destinataria das axudas.

3. Todos os investimentos ou contratacións de persoal serán realizadas pola nova empresa de servizos, que presentará os xustificantes ao seu nome para proceder ao pagamento das axudas que correspondan.

Artigo 27º.-Clase e contía das axudas.

As actuacións obxecto das axudas previstas nesta sección segunda consistirán en:

a) Adquisición de equipamentos e apeiros agrarios: ata o 30% do seu custo, cun investimento máximo auxiliable de 750.000 euros para un período de 6 anos.

b) Para gastos de constitución: ata o 50% dos gastos.

c) Custos de análises de augas, solos, residuos e outras obrigatorias para a correcta execución do programa: ata o 50%, cun máximo de 300 euros/explotación asistida.

d) Nos supostos de asistencia técnica, investimentos en bens e apoio técnico aplicarase o disposto no capítulo II desta orde. Non obstante na axuda para a contratación de técnicos non se poderá superar o 50% do investimento e será incompatible coa axuda que se poida conceder ás agrupacións de produtores por contratos coa dita empresa de servizos.

Artigo 28º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os seguintes compromisos:

a) Manter a actividade por un período mínimo de tempo de 5 anos, ou o estipulado para a amortización dos investimentos.

b) Cuantificar suficientemente as súas necesidades en asistencia técnica en función do número de explotacións e superficie agrícola en que pretenden exercer os seus servizos, relacionados co número de horas de traballo do persoal técnico e auxiliar proposto.

c) Integrarse na base de datos da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria composta polas empresas de servizos agrarios.

Artigo 29º.-Documentación complementaria.

De acordo co previsto no artigo 8º.3 desta orde, os beneficiarios achegarán no momento da xustificación do programa a seguinte documentación complementaria:

a) Documentación pública de subrogación da nova empresa nos dereitos e obrigas do promotor como beneficiario das axudas, de ser o caso.

b) Copia da tarxeta de identificación fiscal e da acta de constitución da entidade nova.

c) Documento acreditativo da alta no IAE.

d) Contrato de servizos ou documentos acreditativos da solicitude por parte das agrupacións de produtores ou agricultores illados a que se dá atención.

e) Facturas dos servizos efectuados e relación das explotacións e actividades atendidas. Estes documentos deberán presentarse durante o período mínimo exixido de duración da actividade.

f) Documentación acreditativa da inscrición da maquinaria no rexistro oficial de maquinaria agrícola.

Sección terceira

Fomento da produción integrada, da agricultura

ecolóxica e doutros programas sanitarios e

técnicas de respecto ambiental

I. Programas de defensa sanitaria dos cultivos (ADV).

Artigo 30º.-Obxecto.

O obxecto dos programas de defensa sanitaria dos cultivos é o control fitopatolóxico dos cultivos agrícolas, a través de agrupacións de carácter agrario

formalmente constituídas, mediante programas técnicos ben definidos, de xeito que exista certa periodicidade no uso de métodos de control fitobiolóxico e que, ademais, se recorra ao emprego racional de produtos químicos, usándoos só naqueles casos en que sexa a única forma eficaz de erradicar ou manter os axentes nocivos nos límites tolerables, empregando métodos de control integrado de pragas.

Artigo 31º.-Beneficiarios e criterios de selección.

Poderán ser beneficiarios destes programas as agrupacións de produtores formalmente constituídas.

a) Ademais do previsto no artigo 6º, aplicaranse ás solicitudes presentadas para este programa os seguintes criterios de selección:

-Que estean constituídas como agrupacións de tratamentos integrados en agricultura (ATRIA): ata 5 puntos.

-Que conten cos servizos dun técnico contratado para o control fitosanitario a tempo total: ata 5 puntos.

-Que presenten un programa que se realice nunha área xeográfica en que as súas características técnicas favorezan a aplicación coherente: ata 5 puntos.

-Aquelas agrupacións de defensa dos vexetais de primeiro ano e as de segundo ou máis que cumprisen anteriormente de xeito satisfactorio todos os compromisos asumidos: ata 5 puntos.

Artigo 32º.-Clase e contía das axudas.

As axudas previstas nesta sección terceira, punto I, poderán consistir en:

a) Para a contratación de servizos técnicos encargados da redacción e seguimento dun programa anual fitopatolóxico: ata 7.512,65 euros por asociación para ambos os servizos, dependendo das características técnicas do programa, duración, dificultades para o seu seguimento e o seu grao de cumprimento.

b) Para o fomento dos medios culturais e biolóxicos de control dos organismos nocivos dos cultivos:

b.1) Adquisición de trampas e feromonas para o seguimento e confección de curvas de voos de insectos que permitan prever o posible grao de ataque e o momento óptimo de control das pragas con produtos fitosanitarios, se son necesarios: ata o 70% do investimento.

b.2) Adquisición de equipamento para a mellora de técnicas que favorezan a prevención da propagación dos axentes nocivos e redución de tratamentos fitosanitarios ata o 70%. Non obstante, no caso de maquinaria de aplicación de tratamentos, só será subvencionable, ata o 40% do investimento, cando vaia ser utilizada en común pola agrupación e supoña unha innovación tecnolóxica.

b.3) Adquisición de equipamento de protección humana para a realización de tratamentos fitosanitarios: ata o 35% do investimento.

b.4) Adquisición de organismos vivos, dos seus subprodutos e produtos biorracionais para a aplicación de técnicas de control biotecnolóxico: ata o 70% do investimento.

c) Para o desenvolvemento de programas piloto de técnicas innovadoras de control fitopatolóxico para a redución de tratamentos fitosanitarios en interese xeral do sector, para combater os organismos nocivos: ata o 70% do investimento. Non obstante, a axuda correspondente á execución destes programas non poderá superar o 70% do custo adicional orixinado por eles en relación aos programas tradicionais de defensa sanitaria para combater os mesmos patóxenos. En todo caso a contía da axuda por este concepto poderá chegar ata 90,15 A/ha, que poderá incrementarse ata 180,30 A/ha no caso de cultivos baixo cuberta.

Artigo 33º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas a programas de defensa sanitaria dos cultivos deberán cumprir os seguintes compromisos:

a) Contar cos servizos dun técnico ou empresa de servizos agrarios contratada pola agrupación para o desenvolvemento do programa e o control fitosanitario.

b) Participar nas actuacións recollidas no programa, como mínimo, o 80% dos socios afectados, que pertenzan á entidade solicitante. Se un socio pertencese a varias entidades subvencionadas, soamente poderá acollerse ao programa realizado por unha delas. Nestes casos, as agrupacións farán constar tal circunstancia, para o cal presentarán por escrito a conformidade do devandito socio ao programa a que se acolle. En caso contrario, excluirase de todos os programas a que fose acollido.

c) Ademais, o servizo técnico, cun técnico contratado ou a través dunha empresa de servizos agrarios, dada de alta no imposto de actividades económicas (IAE) dentro do grupo 911, cumprirá as seguintes condicións:

c.1) Colaborar cos servizos da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria na recolla dos datos necesarios para a optimización da aplicación dos programas de detección do risco de pragas e enfermidades, a través da rede de avisos que a consellería ten en funcionamento en toda Galicia para tal fin.

c.2) Informar, visitar as explotacións participantes e comprobar actuacións ou resultados en calquera fase de execución do programa, a requirimento da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria. O informe da visita será asinado conxuntamente polos técnicos da entidade agraria e do Servizo Provincial de Explotacións Agrarias ao seu remate.

c.3) Responsabilizarse dun só programa. Excepcionalmente, e no caso de proximidade xeográfica das entidades solicitantes e en función da capacidade técnica e operativa do técnico que fai o seguimento, este poderá levar dous programas, sempre que a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria considere que estes se poderán desenvolver integramente de acordo coas memorias presentadas. Neste caso, a suma das axudas previstas nos programas, redactados e dirixidos por un só técnico, relativas á contratación do servizo contemplado no artigo 32º a), non poderá superar a cantidade de 10.517,71 euros.

c.4) Aceptar o seguimento do programa fitosanitario coa condición de que sexa incompatible co desenvolvemento doutras actividades económicas relacionadas directamente cos equipamentos ou medios subvencionables por esta orde.

c.5) Manter informado o Servizo de Sanidade e Produción Agrícola das variacións do calendario de actividades que vaia desenvolver e doutras variacións que poidan xurdir respecto ao programa inicialmente aprobado.

Artigo 34º.-Documentación complementaria.

1. Ademais do disposto no artigo 5º desta orde, coa solicitude de axuda xuntarase:

a) Unha memoria técnica do programa que incluirá todo o necesario para concretar o ámbito de actuación, os cultivos afectados e todas as actuacións que se desenvolverán, que se reflectirán finalmente de acordo co programa técnico exixido pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

b) Certificación do secretario da agrupación que recolla a totalidade dos seus socios e unha relación nominal dos socios do programa fitosanitario co seu DNI.

c) Copia das normas de funcionamento da agrupación para os efectos de desenvolver o programa sanitario.

d) Contrato de servizo para a redacción e o seguimento do programa.

e) Ademais, coa xustificación da execución dos traballos, achegarase o previsto no artigo 19º b) e factura definitiva do servizo técnico contratado.

f) No suposto previsto no artigo 32º b.1), deberán indicarse os lugares de instalación de trampas para o seu seguimento polo persoal técnico da Administración. Rematadas as actuacións, a agrupación presentará, no Servizo Provincial de Explotacións Agrarias, un informe completo sobre os resultados obtidos.

g) Os resultados dos programas piloto a que se refire o artigo 32º c) deberán remitirse á Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para a súa posta ao dispor dos operadores do sector.

II. Programas de control integrado dos patóxenos dos cultivos a través de agrupacións para tratamentos integrados na agricultura (ATRIA).

Artigo 35º.-Obxecto.

O obxecto destes programas de axuda é o de fomentar o control integrado contra as pragas e enfermidades e a loita en común, mediante a constitución de asociacións para tratamentos integrados en agricultura (ATRIA) que teñan por finalidade aplicar nun cultivo ou grupo de cultivos asociados, en razón das rotacións anuais da zona, as técnicas de loita integrada:

As actuacións para a aplicación das técnicas de loita integrada oriéntanse a estudar a fenoloxía do cultivo; a bioecoloxía das pragas e fauna útil; os métodos de tratamento máis rendibles e menos lesivos para o ecosistema; e o axuste de limiares económicos de tolerancia das pragas e enfermidades.

Artigo 36º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións para tratamentos integrados en agricultura (ATRIA) que reúnan os seguintes requisitos:

a) Constituírse dentro do seo de calquera das entidades con personalidade xurídica que poidan ter capacidade de contratación.

b) Constituírse cun número mínimo de 10 agricultores, que integran unha superficie mínima suficiente para a mellor eficacia das técnicas de loita que van aplicar, e para que resulte económico o mantemento do técnico e demais equipamento utilizado pola asociación.

c) Os agricultores afectados subscribirán un regulamento de réxime interno, en que se exprese a aceptación das condicións que se establecen para cada cultivo ou grupo de cultivos asociados, e a súa decisión de constituírse nunha ATRIA. Así mesmo, indicaranse as superficies de cultivo proporcionadas por cada un dos membros, xunto co ámbito de actuación sinalado por escrito e un mapa que delimite as zonas.

d) Constituír unha xunta xestora que rexerá a ATRIA, formada, como mínimo, por un presidente, un secretario e un tesoureiro.

e) Elaborar un programa técnico quinquenal, de acordo coas directrices establecidas pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, concretando o ámbito de actuación, os cultivos afectados e as distintas actuacións que se levarán a cabo.

f) Subscribir un contrato laboral a tempo total co técnico que dirixirá a loita contra as pragas nos cultivos que agrupa a ATRIA. O técnico deberá estar en posesión do título de enxeñeiro agrónomo ou técnico agrícola.

Artigo 37º.-Clase e contía das axudas.

As axudas consistirán:

1. Nunha subvención destinada ao pagamento dos soldos dos técnicos contratados polas agrupacións para elaborar e dirixir o programa de control inte

grado dos cultivos, de ata 10.818,22 euros por ATRIA. Esta axuda poderá complementarse ata chegar ao 70% do custo do contrato por ATRIA naqueles casos en que estea xustificado, ben sexa pola pequena superficie da explotación individual ou polo excesivo número de parcelas dos propietarios, ou ben pola insuficiencia de recursos das agrupacións a consecuencia da estrutura produtiva do sector.

2. Nunha subvención daquelas técnicas de control que poidan achegar unha innovación e mellora nas técnicas de loita integrada contra os organismos nocivos dos cultivos do programa, que poderá alcanzar un máximo de 751,27 euros por agrupación.

Artigo 38º.-Compromiso dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas deberán cumprir os seguintes compromisos:

a) Presentar á devandita dirección xeral, a través do presidente da agrupación, un informe anual dos traballos efectuados e dos resultados técnicos acadados.

b) Se un socio pertencese a varias entidades subvencionadas, soamente poderá acollerse ao programa que realice unha delas. Nestes casos, as agrupacións farán constar tal circunstancia, para o cal presentarán por escrito a conformidade do devandito socio co programa a que fose acollido.

Artigo 39º.-Documentación complementaria.

No suposto da contratación de asistencia técnica deberá xuntarse a seguinte documentación:

a) Coa solicitude de axuda, unha memoria xustificativa que conteña o número de explotacións e superficie de cada un dos cultivos a que se vaia dar servizo, así como xustificación das horas que cada tarefa supón por unidade de superficie e/ou explotación, de xeito que se poida concluír a necesidade total da contratación.

b) Coa documentación acreditativa da execución do programa, achegarase copia dos contratos TC1, TC2 e as nóminas dos traballadores ou ben o contrato coas empresas de servizos, segundo o caso.

III. Fomento da produción integrada (FPI).

Artigo 40º.-Obxecto.

O obxecto desta liña de axuda é promover actuacións produtivas coa utilización de técnicas de produción integrada que supoñan un maior compromiso ambiental e permitan compatibilizar a rendibilidade económica coa protección do ambiente, a calidade das producións e a seguridade alimentaria.

Artigo 41º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) As agrupacións de produción integrada (Apria) reguladas pola normativa estatal e autonómica sobre produción integrada, fixándose un mínimo de superficie e/ou nº de produtores para cada un dos cultivos.

b) As entidades agrarias que por si soas poidan asumir os compromisos e contar co numero mínimo de hectáreas para o cultivo de que se trate.

Artigo 42º.-Clase e contía das axudas.

As axudas consistirán en:

1. No caso de custos de certificación da calidade efectuada por entidade de control e certificación: ata o 50% dos custos.

2. No caso de investimentos en estruturas produtivas para a implantación do cultivo: ata o 40% dos investimentos:

3. No caso de investimentos en bens e equipamentos necesarios para o inicio e mellora dos procesos produtivos: ata o 40% dos investimentos. Canto aos casos de zonas desfavorecidas, custos derivados da protección e mellora do ambiente, haberá que aterse ao disposto no artigo 17º desta orde.

4. No caso de asistencia técnica e apoio técnico, aplicarase o disposto no capítulo II desta orde.

Artigo 43º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os seguintes compromisos:

a) Rexistrarse no rexistro oficial de produción integrada da Dirección Xeral de Sanidade e Produción Agropecuaria establecido para tal efecto, cumprindo, ademais, con todos os requisitos e normas técnicas especificados para a produción integrada do sector de que se trate.

b) Contar coa asistencia técnica adecuada e suficiente, ou ben solicitala de acordo co capítulo II desta orde.

c) Garantir a comercialización das producións.

d) Comprometerse a manter os procesos produtivos un mínimo de 5 anos.

Artigo 44º.-Documentación complementaria.

Coa xustificación do programa, de acordo con previsto no artigo 8º.3 desta orde, os beneficiarios achegarán a seguinte documentación complementaria:

a) Compromiso ou contrato de comercialización das producións.

b) Cadernos de explotación onde se recollan as distintas prácticas e tratamentos efectuados de acordo co sistema de produción elixido.

c) No que respecta á asistencia técnica, se é o caso, copia dos contratos TC1, TC2 e as nóminas dos traballadores.

IV. Fomento da agricultura ecolóxica (FAE).

Artigo 45º.-Obxecto.

O obxecto desta axuda é incentivar a produción ecolóxica como sistema produtivo de máximo nivel de exixencia nos compromisos ambientais e maior

repercusión na calidade e salubridade das producións.

Artigo 46º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de produtores formalmente constituídas, compostas por un mínimo de 8 produtores inscritos no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Artigo 47º.-Clase e contía das axudas.

As axudas consistirán en:

1. No caso de custos de certificación da calidade efectuado por entidade de control e certificación: ata o 50% dos custos.

2. No caso de investimentos en estruturas produtivas necesarias para a implantación do cultivo: ata o 40% dos investimentos.

3. No caso de investimentos en bens e equipamentos necesarios para o inicio e mellora dos procesos produtivos: ata o 40% dos investimentos.

Canto aos casos de zonas desfavorecidas, custos derivados da protección e mellora do ambiente, haberá que aterse ao disposto no artigo 17º desta orde.

4. Nos casos de asistencia técnica e apoio técnico aplicarase o establecido no capítulo II desta orde.

Artigo 48º.-Compromisos dos beneficiarios.

Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os seguintes compromisos.

a) Cumprir con todos os requisitos e compromisos establecidos no Regulamento 2092/91, do Consello, do 24 de xuño, sobre produción agrícola ecolóxica, e disposicións complementarias.

b) Contar con asistencia técnica adecuada e suficiente ou ben solicitar a súa contratación segundo o capítulo II desta orde.

c) Garantir a comercialización das producións, con etiquetaxe de agricultura ecolóxica.

d) Comprometerse ao mantemento dos procesos produtivos un mínimo de 5 anos.

Artigo 49º.-Documentación complementaria.

1. Ademais da documentación a que se refire o artigo 5º.2 desta orde, á solicitude de axuda xuntarase:

-Certificado de inscrición no rexistro oficial do Craega, especificando os cultivos e parcelas.

-Memoria xustificativa que conteña o número de explotacións e superficie de cada un dos cultivos a que se vaia dar servizo, así como xustificación das horas que cada tarefa implica por unidade de superficie e/ou explotación, de xeito que se poida concluír necesidade total de contratación.

2. Coa xustificación do programa de acordo co sinalado no artigo 8º.3, os beneficiarios achegarán, no caso de asistencia técnica, o seguinte:

-Copia dos contratos, TC1, TC2 e as nóminas dos traballadores.

-Certificado de cumprimento do programa segundo Ref. 2092/91 expedido polo Craega.

Capítulo IV

Convocatoria para o ano 2005

Artigo 50º.-Financiamento para o ano 2005.

1. As axudas reguladas na presente orde estarán financiadas no exercicio 2005 con cargo ás aplicacións do proxecto da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005 seguintes:

a) Na aplicación 09.03.614A.770.0 (código de proxecto 2002.09.0806), para o fomento de actividades agrícolas complementarias e alternativas, por importe de 1.400.000 A.

b) Na aplicación 09.03.614A.770.1 (código de proxecto 2002.09.0809), para fomento de sistemas e ciclos agrarios sustentables por importe de 900.000 A.

c) Na aplicación 09.03.614A.770.3 (código de proxecto 2002.09.0810), para produción integrada e outras técnicas de respecto ambiental, por importe de 1.220.000 A.

2. Poderanse utilizar outros remanentes dispoñibles nas devandita aplicacións orzamentarias e, no caso de remanentes nalgunha das liñas ou programas de actuación, poderá incrementarse o orzamento dispoñible nas outras liñas que o precisen.

3. De conformidade co establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, posibilítase a tramitación anticipada de expedientes de gasto, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos do exercicio do ano 2005 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, neste momento en trámite parlamentario, quedando sometida a concesión das ditas axudas á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente non momento da súa resolución.

Artigo 51º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes de axuda para a convocatoria de 2005 presentaranse no prazo de corenta días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Disposición adicional

Primeira.-O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicitar a expedición dos certificados acreditativos de atoparse ao día das súas obrigas tri

butarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IV desta orde, para os efectos de que a Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria ou os servizos provinciais de Explotacións Agrarias poidan solicitala por vía informática.

Non obstante, quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as axudas especificadas no artigo 41 do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, condicionado á súa aprobación definitiva.

Segunda.-No non previsto nesta orde, observarase o disposto nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición transitoria

En canto non se estableza o desenvolvemento normativo necesario a nivel estatal ou autonómico sobre a produción integrada, poderán acollerse ás axudas sobre produción integrada todas aquelas entidades agrarias que se comprometan a introducirse nos rexistros que as afecten, sempre que as novas técnicas de produción integrada estean definidas previamente pola Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde do 2 de agosto de 2002 (DOG nº 153, do 9 de agosto) así coma a sección primeira da Orde do 23 de decembro de 2003 (DOG nº 253; do 3 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural