DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.552

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 2004 pola que se regula a convocatoria para o ano 2005 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

A disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e a disposición transitoria primeira da Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación a avaliación e o goberno dos centros docentes, establecen que os funcionarios dos corpos docentes a que fan referencia as disposicións adicionais décima 1 e décimo cuarta, 1, 2, 3 da Lei orgánica 1/1990, incluídos no ámbito de aplicación do réxime de clases pasivas do Estado, poderán optar a un réxime de xubilación voluntaria durante o período de implantación con carácter xeral das ensinanzas establecidas na dita lei orgánica, sempre que reúnan determinados requisitos, así mesmo, o artigo 51 da Lei 24/2001, do 27 de decembro (BOE do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, prorrogou ata o 4 de outubro de 2006 a vixencia temporal da disposición novena da Lei orgánica 1/1990.

Así mesmo, a Lei 31/1991, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1992, establece que os funcionarios docentes de corpos e escalas declaradas a extinguir con anterioridade á vixencia

da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo, incluídos no ámbito de aplicación do réxime de clases pasivas, tamén poderán acollerse ao réxime de xubilación voluntaria regulado na disposición transitoria novena da citada lei.

O acordo do Consello de Ministros do 28 de decembro de 1990, modificado polo Acordo do 6 de marzo de 1992, determina o importe e as condicións das gratificacións extraordinarias que aboará o Estado previstas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo para os funcionarios que imparten docencia en niveis non universitarios.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de febreiro de 2000, establécese o importe e as condicións das gratificacións extraordinarias que aboará a Xunta de Galicia para incentivar a xubilación voluntaria dos funcionarios docentes que imparten ensinanzas non universitarias, compatibles coas previstas no parágrafo anterior.

En virtude do exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Poderán solicitar a xubilación anticipada voluntaria, con efectividade do 31 de agosto do ano 2005, os funcionarios docentes de niveis non universitarios con destino nesta comunidade autónoma incluídos no ámbito de aplicación do réxime de clases pasivas do Estado, pertencentes a algún dos seguintes corpos:

-Corpo de mestres.

-Corpo de catedráticos de ensino secundario.

-Corpo de profesores de ensino secundario.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

-Corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas.

-Corpo de catedráticos de artes plásticas e deseño.

-Corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

-Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

-Corpo de catedráticos de escolas oficiais de idiomas.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

-Corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa.

-Corpos e escalas declaradas a extinguir con anterioridade á vixencia da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo.-Tamén poderán solicitar a xubilación anticipada voluntaria os inspectores ao servizo da Administración educativa e os directores escolares de ensino primario a extinguir.

Para iso deberán cumprir todos os requisitos do punto terceiro desta orde, a excepción do referido á permanencia en cadros de persoal de centros docentes, que deberá referirse ao equivalente que corresponda.

Terceiro.-Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar en activo o 1 de xaneiro de 1990 e permanecer ininterrompidamente na dita situación, e desde a dita data en postos pertencentes aos corres

pondentes cadros de persoal de centros docentes ou á Inspección Educativa.

b) Ter cumpridos sesenta anos de idade o 31 de agosto do ano 2005.

c) Ter acreditados un mínimo de quince anos de servizos efectivos ao Estado, o 31 de agosto do ano 2005.

Cuarto.-Os funcionarios que se xubilen de acordo co disposto na disposición transitoria novena da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo, que teñan acreditados no momento da xubilación alomenos vinte e oito anos de servizos efectivos ao Estado, segundo a idade, corpo de pertenza e anos de servizo efectivos, percibirán:

a) A gratificación establecida no acordo do Consello de Ministros do 28 de decembro de 1990, modificada polo Acordo do 6 de marzo de 1992.

b) A gratificación establecida no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de febreiro de 2000.

A contía das gratificacións publícanse no anexo II desta orde.

Os funcionarios dos corpos docentes aos que se refiren as disposicións adicionais décima 1 e décimo cuarta, 1, 2 e 3 da Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, acollidos a réximes de Seguridade Social ou previsións distintos de clases pasivas, poderán igualmente percibir a gratificación extraordinaria que lles corresponda sempre que causen baixa definitiva na prestación de servizos ao Estado, por xubilación voluntaria ou por renuncia á súa condición de funcionario, e reúnan os requisitos exixidos nesta norma, agás o que pertenza ao réxime de clases pasivas do Estado.

Quinto.-As solicitudes deberán presentarse dentro dos dous primeiros meses do ano 2005, segundo o modelo que se publica como anexo I, nas delegacións provinciais correspondentes ao centro de destino do solicitante ou nos lugares e forma que determinan o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á solicitude engadiráselle fotocopia do DNI ou da partida de nacemento cotexada.

Sexto.-Unha vez iniciado o procedemento unicamente serán aceptadas as renuncias que se presenten con anterioridade ao 1 de abril do ano 2005.

Sétimo.-A Dirección Xeral de Persoal resolverá as solicitudes presentadas e, cando proceda, proporá a resolución de xubilación anticipada voluntaria con indicación da contía de gratificación extraordinaria e diferenciando entre a recollida nas alíneas a) e b) do punto cuarto desta orde.

Oitavo.-Coa paga ordinaria do último mes de servizo activo percibirase a totalidade da gratificación estatal establecida polo acordo do Consello de Ministros e o corenta por cento da establecida polo acordo do Consello da Xunta de Galicia. O sesenta por cento restante será aboado nas mesmas datas que a nómina do mes de marzo do ano inmediatamente seguinte.

Noveno.-Esta orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL