DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992 pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, así como o anexo I da Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

As modificacións que a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia introduce na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, obrigan a revisar a codificación das tarifas das taxas para os efectos da súa xestión.

Por outra banda, diversas normas ditadas ao longo do ano 2004 inciden directamente en aspectos relativos á xestión das taxas e os prezos que é necesario revisar.

É o caso da Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que crea o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, como un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Economía e Facenda, o que leva consigo a necesidade de crear un novo código de servizo dentro desta consellería para os efectos da xestión, se é o caso, das súas taxas e prezos.

Así mesmo, a orde da Consellería de Sanidade do 14 de abril de 2004, que derroga outra do 15

de marzo de 2002 pola que se establecían os prezos privados por servizos prestados nos laboratorios dependentes desta consellería, obriga á supresión do código do prezo 36.23.00 Servizos prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

Finalmente, a Resolución do 6 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se lle concede á Caixa Rural de Zamora a condición de entidade colaboradora para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público, establece a necesidade de proceder á súa codificación para os efectos do pagamento das taxas e prezos.

O parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, engadido pola Orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican as ordes da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e do 29 de xuño de 1994, autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII da propia Orde do 30 de xuño de 1992.

Así mesmo, a disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadida pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998 precitada autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño

de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas

RESOLVO:

Primeiro.-Engadir na táboa de códigos de consellerías e servizos recollida no anexo V da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, o seguinte código de servizo dentro da Consellería de Economía e Facenda, inseríndoo no lugar que deba segundo a orde preestablecida:

05. Tribunal Galego de Defensa da Competencia. OA.

Segundo.-Actualizar o anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadir os códigos relacionados a seguir, inseríndoos no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.07.10. Inscrición provisional de modelos de máquinas recreativas e de azar.

30.40.00. Autorización de probas deportivas en vías públicas.

31.01.13. Expedición de tarxetas de tacógrafo dixital.

31.12.09. Autorización para exercer actividades de formación do persoal de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.

31.12.10. Autorización de entidades para impartir programas de formación de persoal aplicador de tatuaxe, micropigmentación e piercing.

31.12.11. Licenza de funcionamento dos fabricantes de produtos sanitarios a medida.

31.46.00. Autorización dos materiais forestais de base para a produción de materiais forestais de reprodución.

32.56.00. Expedición do certificado oficial de explotación de patentes de invencións e modelos de utilidade.

32.57.00. Expedición da autorización ambiental integrada.

32.58.00. Actuacións en materia de metroloxía legal.

32.58.01. Rexistro de control metrolóxico de fabricantes, reparadores e importadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

32.58.02. Intervención e control de laboratorios autorizados.

32.58.03. Tramitación e resolución administrativa de aprobación e modificación de modelo.

32.58.04. Tramitación e resolución administrativa de entidades verificadoras de aparellos sometidos a control metrolóxico.

32.59.00. Informe de avaliación de ensaios clínicos e de estudos post-autorización para medicamentos de uso humano e produtos sanitarios.

32.59.01. Avaliación de novos ensaios clínicos, actuando o CEIC de Galicia como implicado.

32.59.02. Avaliación de novos ensaios clínicos, actuando o CEIC de Galicia como CEIC de referencia.

32.59.03. Avaliación de novos estudos post-autorización, por avaliación global.

32.59.04. Modificacións relevantes aos protocolos de ensaios clínicos aprobados.

B) Modificar os códigos seguintes:

31.01.05. Autorización para servizos regulares de uso especial de transporte de escolares e traballadores e para transporte nocturno (reiteración de itinerarios con vehículos discrecionais).

31.01.07. Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral.

31.24.00. Emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, emisoras de televisión dixital e emisoras de radiodifusión dixital.

32.07.11. Autorización, inscrición, baixa ou modificación da inscrición no rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico.

32.18.00. Autorización de instalacións de distribución de enerxía eléctrica e gas.

33.07.05. Acceso pola internet a DOG anteriores ao primeiro de xaneiro do ano que corre.

C) Suprimir os códigos relacionados a seguir:

32.40.00. Precinto de surtidores ou outros instrumentos sometidos á normativa en materia de metroloxía.

32.40.01. Autorización e inscrición.

32.40.02. Renovación da autorización e inscrición.

Terceiro.-Actualizar o anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, engadindo a seguinte entidade financeira: Caixa Rural de Zamora.

Cuarto.- Actualizar o anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 suprimindo o código seguinte:

36.23.00. Servizos prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

Quinto.-Esta resolución terá efectos desde o día 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de da Consellería

de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA