DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 31 de decembro de 2004 Páx. 18.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2004, polo que se modifica a relación de postos de traballo desta consellería e do Consello Consultivo de Galicia.

O acordo acadado o 7 de outubro de 2004, entre a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia, no cal se fixan as condicións en que terá lugar a xestión do parque móbil dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia por parte da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, fai necesaria a modificación da actual relación de postos de tra

ballo da referida consellería e do Consello Consultivo de Galicia.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e do Consello Consultivo de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil catro, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-modificar a vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordear a publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2005.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e nove de decembro de dous mil catro, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Consello Consultivo de Galicia

Na vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia publicada no DOG nº 151, do 7-8-2002, na páxina 12.078, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Modificacións:

-O posto «031.-XEFE/A SERVIZO DE XESTIÓN ECONÓMICA E HABILITACIÓN», cambia de denominación e pasa a ser «XEFE/A SERVIZO DE XESTIÓN ECONÓMICA E DE PERSOAL E HABILITACIÓN».

Persoal laboral

Amortizacións:

Suprímense os postos «021.-CONDUTOR 1ª», «022.-CONDUTOR 1ª», «023.-CONDUTOR 1ª», «024.-CONDUTOR 1ª», «025.-CONDUTOR 1ª», «026.-CONDUTOR 1ª» por pasaren á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública como consecuencia do acordo acadado o 7 de outubro de 2004 entre a dita consellería e o Consello Consultivo de Galicia.