DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servizos.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: servizo de deseño e montaxe de exposicións, físicas e virtuais, do Museo Provincial de Lugo.

3. Orzamento (IVE incluído): 70.800 euros.

4. División por lotes e número: único.

5. Duración do contrato: ano 2005.

6. Garantía provisoria: 2% do orzamento de licitación.

7. Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

8. Información: Servizo de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

10. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

11. Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

13. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 287 (15-12-2004).

Lugo, 15 de decembro de 2004.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo