DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 254, de data 3-11-2004, aparecen publicadas as bases que rexerán o concurso-oposición para cubrir unha praza a tempo parcial de oficial xardineiro, vacante no cadro de persoal laboral deste concello.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Xunqueira de Ambía, praza San Rosendo nº 1 (Ourense), ou da forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios deste concello.

Xunqueira de Ambía, 16 de novembro de 2004.

O alcalde

Rubricado