DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local con data do 22 de novembro de 2004 o Plan especial de infraestruturas e dotacións (mellora do núcleo de Sobreira no ámbito delimitado no PXOM de Vilamarín) presentado por Máximo Campos Salgado en representación de Campos Salgado, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se estimen convenientes.

Simultaneamente, notificaráselles individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados.

Vilamarín, 26 de novembro de 2004.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde