DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión ordinaria do día 4 de novembro de 2004, acordou a aprobación inicial do Plan de sectorización do polígono 146, parcelas números 542, 543 e 560, situadas no sitio do Ferreiro e das Fenchas, na marxe esquerda da estrada provincial Silleda-Siador-Refoxos, no lugar das Ferreiras (Silleda), solicitado pola Sociedade Cooperativa Limitada Sila. De conformidade co artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse na Casa do Concello os días laborais en horario de 9.00 a 14.00 horas, todo iso para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 23 de novembro de 2004.

José Fernández Viéitez

Alcalde presidente