DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2004, convócase a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

-Obxecto do contrato: as obras comprendidas na separata do proxecto de ampliación do cemiterio municipal, 4ª fase.

-Tipo de licitación: 126.212,99 euros, IVE incluído.

-Prazo máximo de execución: seis (6) meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

3. Garantías:

Provisional: 2.524,26 euros, equivalente ao 2% do prezo de licitación.

Definitiva: o 4% do prezo do contrato.

4. Requisitos específicos do contratista: clasificación: categoría c), grupo C), subgrupos 2 e 6.

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: rúa Maior, 14.

Localidade e código postal: 27600, Sarria.

Teléfono: 982 53 50 00.

Fax: 982 53 09 16.

6. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación de proposicións: vinte e seis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación da licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria.

8. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ao da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará pola súa vez o terceiro día hábil seguinte ao do remate do prazo de

presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás 13.30 horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 15 de decembro de 2004.

José Antonio García López

Alcalde