DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

APROBACIÓN inicial do escudo heráldico municipal.

O pleno do concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2004, acordou aprobar inicialmente o escudo e o emblema heráldico do concello de Carballo.

Procédese á apertura de exposición ao público, por un prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para a presentación de alegacións.

Carballo, 20 de decembro de 2004.

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde