DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2004, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación anticipada de gasto e urxente, para a contratación do servizo de xestión de residuos especiais (C.P. 1/2005 S e C.P. 1/2005 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, resolve convocar os seguintes concursos públicos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Número de expedientes: C.P. 1/2005 S e C.P. 1/2005 N.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción: servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación dos residuos sanitarios especiais (clase III, grupos 1, 5, 6, 8 e 9).

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: centros detallados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

a) 75.000 euros (C.P. 1/2005 S).

b) 36.000 euros (C.P. 1/2005 N).

5. Garantía provisoria: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: Unidade de Contratación Administrativa, rúa Rosalía de Castro nº 21, 6º andar 36201 Vigo. Teléfono: 986 81 64 66. Fax: 986 81 64 90.

b) Data límite: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: ver os puntos 13 e 14 das follas de especificación do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (antes das 14.00 horas). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro xeral da Xerencia, no edificio da rúa Rosalía de Castro nº 21, planta baixa.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, Rosalía de Castro 21-8º andar, Vigo.

b) Data: décimo primeiro día contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: 9.00 horas.

d) Acto público.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario, ver pregos.

11. Se é o caso, portal informático o páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Vigo, 15 de decembro de 2004.

Ángel Martín Santos

Xerente