DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2004 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de material de oficina consumible.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministración de material de oficina consumible (CP 13/04).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 13/04.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina consumible.

b) División por lotes e número:

Lote 1: consumibles ordinarios.

Lote 2: cartuchos de toner.

c) Lugar de entrega: en calquera das oficinas do Igape.

d) Prazo de vixencia (meses): a execución do contrato será como máximo ata o 31-12-2005, estendéndose a vixencia ata a completa execución del e espiración do prazo de garantía ofertado, e o inicio da vixencia non será anterior ao 1-1-2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 36.408,96 A (trinta e seis mil catrocentos oito euros con noventa e seis céntimos), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, ca seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: consumibles ordinarios: 21.581,47 A.

Lote 2: cartuchos de toner: 14.827,49 A.

E por prezos unitarios máximos, segundo o indicado na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantía provisorio, ca seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: 431,63 A.

Lote 2: 296,55 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e experiencia para a execución do contrato, que se acreditará polos medios establecidos na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 11.00.

10. Gastos de anuncios: 700 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica