DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2004 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a elección e subministración dos agasallos a ofrecer aos fogares informantes da enquisa de condicións de vida das familias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2004/640.1/2.3.5/13.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elección e subministración do agasallo para ofrecer aos fogares informantes da enquisa de condicións de vida das familias, consistente en 6.400 unidades.

b) Lugar de entrega: no local indicado polo Instituto Galego de Estatística.

c) Prazo de entrega: 1 mes a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 25.600 euros.

5. Garantía provisoria: 512 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 99.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro do Instituto Galego de Estatística.

2º Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Admisión de variantes: as empresas licitadoras deberán ofrecer un mínimo de dous e un máximo de catro agasallos.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4705

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2004.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística