DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada do gasto, para a adxudicación do contrato de concesión de obra hidráulica para a redacción do proxecto, construción e explotación de estacións depuradoras de augas residuais urbanas de clave OH.315.555 e catro máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

1º Descrición do obxecto: colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Muros. Muros (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.555.

Orzamento base de licitación ou orzamento total da concesión: dez millóns setecentos sesenta e tres mil oitocentos cincuenta euros (10.763.850 A).

Prazo de execución: douscentos sesenta (260) meses.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de obras, para as fases de redacción do proxecto e de construción, no grupo K, subgrupo 8 e categoría e, e no grupo E, subgrupo 1 e categoría e; e como empresa de servizos, para a fase de explotación, no grupo O, subgrupo 4 e categoría B. No caso de posuír a clasificación dunha das fases e non da outra, deberase acreditar a solvencia correspondente da fase da cal non conta con clasificación.

Garantía provisoria: cento dezaseis mil seiscentos corenta e dous euros con dezasete céntimos (116.642,17 A).

2º Descrición do obxecto: saneamento integral de Laxe. 1ª fase. Laxe (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.605.

Orzamento base de licitación ou orzamento total da concesión: tres millóns cento setenta mil douscentos corenta e catro euros (3.170.244 A).

Prazo de execución: douscentos cincuenta e tres (253) meses.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de obras, para as fases de redacción do proxecto e de construción, no grupo K, subgrupo 8 e categoría d, e no grupo E, subgrupo 1 e categoría c; e como empresa de servizos, para a fase de explotación, no grupo O, subgrupo 4 e categoría A. No caso de posuír a clasificación dunha das fases e non da outra, deberase acreditar a solvencia correspondente da fase da cal non conta con clasificación.

Garantía provisoria: dezanove mil novecentos noventa e un euros con trinta e seis céntimos (19.991,36 A).

3º Descrición do obxecto: colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Cariño. Cariño (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.604.

Orzamento base de licitación ou orzamento total da concesión: seis millóns quiñentos trinta e tres mil quiñentos oitenta euros con vinte céntimos (6.533.580,20 A).

Prazo de execución: douscentos cincuenta e tres (253) meses.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de obras, para as fases de redacción do proxecto e de construción, no grupo K, subgrupo

8 e categoría e, e no grupo E, subgrupo 1 e categoría d; e como empresa de servizos, para a fase de explotación, no grupo O, subgrupo 4 e categoría B. No caso de posuír a clasificación dunha das fases e non da outra, deberase acreditar a solvencia correspondente da fase da cal non conta con clasificación.

Garantía provisoria: trinta e nove mil setecentos setenta e sete euros con cincuenta e cinco céntimos (39.777,55 A).

4º Descrición do obxecto: estación depuradora de augas residuais de Cedeira. Cedeira (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.568.

Orzamento base de licitación ou orzamento total da concesión: sete millóns oitocentos setenta e seis mil setecentos sete euros con corenta céntimos (7.876.707,40 A).

Prazo de execución: douscentos cincuenta e tres (253) meses.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de obras, para as fases de redacción do proxecto e de construción, no grupo K, subgrupo 8 e categoría e; e como empresa de servizos, para a fase de explotación, no grupo O, subgrupo 4 e categoría B. No caso de posuír a clasificación dunha das fases e non da outra, deberase acreditar a solvencia correspondente da fase da cal non conta con clasificación.

Garantía provisoria: corenta e catro mil novecentos cincuenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos (44.958,59 A).

5º Descrición do obxecto: colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Moraña. Moraña (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.493.

Orzamento base de licitación ou orzamento total da concesión: seis millóns cento cincuenta e seis mil trescentos cincuenta e tres euros (6.156.353 A).

Prazo de execución: douscentos cincuenta e tres (253) meses.

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de obras, para as fases de redacción do proxecto e de construción, no grupo K, subgrupo 8 e categoría e, e no grupo E, subgrupo 1 e categoría d; e como empresa de servizos, para a fase de explotación, no grupo O, subgrupo 4 e categoría B. No caso de posuír a clasificación dunha das fases e non da outra, deberase acreditar a solvencia correspondente da fase da cal non conta con clasificación.

Garantía provisoria: trinta e catro mil euros (34.000 A).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistaría Copynino en la calle Xeneral Pardiñas nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono y fax: 981 58 89 38.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratacion.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

5. Requisitos específicos do contratista.

-A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe de institución financeira ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais e unha declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servizos ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

-A solvencia técnica ou profesional acreditarase, na fase de redacción do proxecto, mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a redacción do proxecto; na fase de construción mediante unha declaración indicando a maquinaria, material e equipamento técnico de que disporá o empresario para a execución das obras e unha relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes; e, na fase de explotación, mediante unha declaración do material, instalacións e equipamento técnico de que dispoña o empresario para a realización da explotación e unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación necesaria: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis (6) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura realizarase o día 11 de febreiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-A tarifa máxima de explotación e a súa revisión, así como a tarifa de amortización e o caudal de deseño anual das instalacións figuran nos correspondentes cadros de características do contrato.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) da suma do orzamento de adxudicación de redacción de proxecto e execución de obra e dos ingresos previstos durante o primeiro ano de explotación, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública

de Obras e Servizos Hidráulicos