DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite ordinario e anticipado do gasto, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.432.454 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

1º Descrición do obxecto: outras actuacións. Acondicionamento de marxes fluviais. Ordenación hidráulica e saneamento en Alongos. Toén (Ourense).

Número de expediente: OH.432.454.

Orzamento base de licitación. Importe total: cincocentos setenta e catro mil catrocentos corenta e sete euros con noventa e sete céntimos (574.447,97 A).

Prazo de execución (meses): catorce (14).

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c e grupo K, subgrupo 5, categoría c.

Garantía provisoria: non se exixe.

2º Descrición do obxecto: outras actuacións. Acondicionamento de marxes fluviais. Actuacións de limpeza de marxes e mellora da accesibilidade entre ambas as marxes do río Baleo. Ortigueira (A Coruña).

Número de expediente: OH.415.640.

Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos dez mil cincocentos noventa e cinco euros con dous céntimos (210.595,02 A).

Prazo de execución (meses): catorce (14).

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Garantía provisoria: non se exixe.

3º Descrición do obxecto: acondicionamento do río Magdalena. Vilalba. Paseo fluvial do río Magdalena, prolongación ata a Ponte dos Freires e escola de pesca. Vilalba (Lugo).

Número de expediente: OH.427.407.

Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos quince mil setecentos trinta e catro euros con noventa e dous céntimos (315.734,92 A).

Prazo de execución (meses): catro (4).

Clasificación: grupo C, subgrupo 8, categoría d e grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisoria: non se exixe.

4º Descrición do obxecto: plan de saneamento. Actuacións de mellora ambiental no contorno do encoro de Vilasouto. O Incio (Lugo).

Número de expediente: OH.427.414.

Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos trinta e cinco mil cincuenta e catro euros con oitenta e nove céntimos (335.054,89 A).

Prazo de execución (meses): catorce (14).

Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisoria: non se exixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistaría Copy Estudio na rúa Nova de Abaixo nº 19-20 (galerías), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 59 33 85.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratacion

b) Data límite de obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: a exixida para cada contrato no punto 2 anterior.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: segundo o especificado no cadro de características do contrato.

7. Apertura das ofertas

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o día 22 de febreiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Cofinanciamento da Unión Europea: as actuacións referidas ás obras co número 1º, 2º e 3º do punto 2 anterior están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun setenta e cinco por cento (75 %).

-Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública

de Obras e Servizos Hidráulicos