DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Talleres de RTV.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foi depositada a modificación dos estatutos da Asociación de Talleres de RTV, pola cal se aprobou o seu cambio de denominación, que pasa a chamarse Asociación de Talleres de Asistencia Técnica de la Provincia de Pontevedra (Asat). Cámbiase tamén o domicilio social, que queda establecido en rúa San Salvador, nº 2-4º andar-Vigo, CP 36204 Vigo.

Para tal efecto, achégase certificado do secretario, sr. Ubeira Prado, no cal se fai referencia aos acordos modificativos sinalados, adoptados, entre outros, na asemblea xeral ordinaria da asociación, que tivo lugar o 12 de xuño de 2004, así como o texto da acta da dita asemblea.

A documentación presentada poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

Vigo, 11 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra