DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/192-2, 6318 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 27007 Lugo.

Denominación: recuamento L.M.T.A. polígono industrial.

Situación: concello de Chantada.

Descricións técnicas:

L.M.T. aérea núa a 20 kV, con orixe no apoio nº 43 e final no apoio nº 44 x cunha lonxitude de 292 m en condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo