DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/186-2, 6304 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en polígono industrial de Portomarín.

Situación: concello de Portomarín.

Descricións técnicas:

-L.M.T. aérea núa a 20 kV con orixe na L.M.T. existente para polígono industrial e final na L.M.T. subterránea proxectada a C.T. polígono industrial, en condutor LA-56 cunha lonxitude de 95 m.

-L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe na L.M.T.A. proxectada a C.T. polígono industrial e final no C.T. polígono industrial condutor R.H.V. cunha lonxitude de 75 m.

-C.T. prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo