DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/110-2, 5185 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Antas de Ulla III (Antas de Ulla).

Situación: concello de Antas de Ulla.

Descricións técnicas:

-L.M.T. o C.T. de Antas de Ulla III de 110 metros a 20 kV sobre apoios de formigón en condutor LA-56.

-L.M.T. subterránea o C.T. de Antas de Ulla III de 375 metros a 20 kV baixo tubo en condutor R.H.V.

-C.T.I. en edificio prefabricado de Antas de Ulla III de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. de Antas de Ulla III de 50 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en condutor R.Z.

-R.B.T. subterránea de Antas de Ulla III de 12 metros a 380/220 V baixo tubo en condutor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo