DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra: Plan Galicia: 1ª fase da autovía Sarria-A6 (Nadela); treito III p.k. 20+800 ao p.k. 26+797, de clave LU/01/066.01.3, tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

3. a) Lugar de execución: Lugo.

b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra: clasificación CPV (Vocabulario Común da Contratación Pública): F45233100-0.

Plan Galicia: 1ª fase da autovía Sarria-A 6 (Nadela); treito III p.k. 20+800 ao p.k. 26+797, de clave LU/01/066.01.3, tramitación anticipada.

Orzamento base de licitación: 28.273.939,66 euros. Cofinanciamento da Unión Europea, fondos Feder.

Incluídas no proxecto que se acompaña como documento complementario ao prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 30 meses.

5. a) Nome e enderezo do servizo ao que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

Así mesmo, tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21; teléfono: 981 59 33 85.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 21 de febreiro de 2005.

b) Enderezo ao que deben enviarse as ofertas: a indicada no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado da tradución oficial.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 8 de marzo de 2005, ás 11.00 horas na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Fianza e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (565.478,79 euros) e unha garantía definitiva equivalente ao (4%) do orzamento de contrata (1.130.957,59 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Data de envío do anuncio: 23 de decembro de 2004.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais da Unión Europea: 23 de decembro de 2004.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

P.D. (Orde do 6-3-2003,

DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda