DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.497

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DE VIGO

EDICTO (243/2004).

Jaime Támara Silván, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo, fago saber: que no proceso xuízo verbal nº 243/2004 por instancia de Banco Gallego, S.A. contra Seintel, S.L. se ditou a sentenza con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentenza: 00166/2004.

Procedemento: xuízo verbal 243/2004.

En Vigo, o vinte e oito de outubro de dous mil catro.

Javier Sánchez Beltrán, maxistrado xuíz del Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo, vistos os autos de xuízo verbal seguidos neste tribunal co número 243/2004 por instancia de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador sr. Marquina Vázquez, contra Seintel, S.L., declarada en rebeldía procesual.

Que con estimación da demanda presentada polo/a procurador/a sr. Marquina Vázquez en nome e representación de Banco Gallego, S.L., debo condenar e condeno a Seintel, S.L. co fin de que aboen á parte demandante a suma de 2.583,26 euros.

Impóñense as custas deste procedemento á parte demandada».

E para que sirva de notificación ao demandado Seintel, S.L. e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, asino e selo este edicto en Vigo o vinte e seis de novembro de dous mil catro.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA