DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de decembro de 2004 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de veterinarios.

De conformidade co establecido no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, esta consellería no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da

función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril)

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria:

I. Normas xerais:

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 258 prazas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra fase de concurso.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascende a 65 prazas, correspondente ao 25% do total de vacantes.

I.1.2. Se as prazas reservadas ao sistema de promoción non se cubrisen, acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, será excluído nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos, e non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

I.1.4. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, do total de prazas reservaranse trece (13) para seren cubertas por persoas con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

No suposto de que estas trece prazas non sexan cubertas, pasarán a integrarse ás restantes prazas. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con minusvalidez que se presentase pola cota de reserva de discapacitados superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza pola devandita cota, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

1.1.5. A este proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionario os seguintes requisitos:

I.2.1. Nacionalidade:

a) Ser español.

b) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais de algún Estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

I.2.2. Idade: ter dezaoito anos e non ter alcanzado a idade de xubilación.

I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado en veterinaria.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.4. Compatibilidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.5. Habilitación: non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

Os aspirantes que concorran á convocatoria de acceso por promoción interna deberán cumprir ademais:

I.2.7. Pertenza ao corpo: os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer no día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de

xestión ou corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

I.2.8. Antigüidade: ter prestado servizos efectivos durante, polo menos, dous anos como funcionario de carreira nos corpos ou escalas do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo ou escala ao que se pretende acceder.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ao modelo que se publica como anexo I desta convocatoria.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar ademais unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non teren solicitado estes documentos deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español, do nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou do nacional dalgún estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, co que existe este vínculo, de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) O xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 36,72 euros, e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II. O dito impreso

facilitaráselles aos interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo II. Non obstante, para o cumprimento do anterior requisito, poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que se deberá acreditar documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, só aos aspirantes excluídos que o soliciten, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego, ou equivalente debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas do rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da función pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ao organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas os sábados.

I.3.3. Os aspirantes cun grado de minusvalidez igual ou superior ao 33%, ao que se refire a base I.2.6, deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios na que esta adaptación sexa necesaria, todo

iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2004.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública ditará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e en que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar en que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que se debe presentar, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

II. Proceso de selección e valoración.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición coas valoracións, probas e puntuacións que se especifican a continuación.

II.1. Fase de oposición:

O programa que rexe as probas selectivas é o publicado no Diario Oficial de Galicia nº 81, do 28 de abril de 2004 aprobado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 19 de abril de 2004 (corrección de erros, Diario Oficial de Galicia nº 87, do 6 de maio de 2004), así mesmo; advertido erro no tema 7 do devandito programa, cómpre facer a seguinte

corrección: onde di: «ficheiros de utilidade pública», debe dicir: «ficheiros de titularidade pública».

II.1.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de duascentas (200) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo mesmo e correspondente ao contido do programa. O tempo máximo de duración será de tres horas e trinta minutos.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao remate del.

No prazo das dúas horas seguintes ao do remate do exercicio farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo de corrección do test, indicando as respostas correctas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 12,5 puntos. Para iso, terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días, desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución de dous supostos prácticos de trinta (30) preguntas tipo test máis tres (3) de reserva cada un, con catro (4) respostas alternativas, propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, que será o resultante do sorteo de entre catro supostos prácticos elaborados previamente polo tribunal. O tempo máximo de duración para este segundo exercicio será dunha hora e trinta minutos.

Os supostos prácticos versarán sobre o contido dos temas 12 ao 62, ambos inclusive, do programa.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao remate del.

No prazo das dúas horas seguintes ao do remate do exercicio farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo de correción do test, indicando as respostas correctas.

Este segundo exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 12,5 puntos. Para iso, terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, contará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar o resultado de apto.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a correción da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudos equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse xunto coa instancia de conformidade co previsto na base 1.3.1.

II.1.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.1.4. Desenvolvemento dos exercicios:

II.1.4.1. Os exercicios deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.1.4.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de xaneiro de 2004 pola que se publica o resultado do sorteo realizado o día 30 de xaneiro de 2004 (DOG nº 23, do 4 de febreiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente ao ano 2004.

II.1.4.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

II.1.4.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.1.4.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios faraa o tribunal, en todo caso, no lugar onde se realizou o anterior exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación.

II.1.4.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acordar a súa exclusión, se procede.

II.1.4.7. Se o tribunal, de oficio, ou en función das reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.2. Fase de concurso.

A fase de concurso consistirá na valoración aos aspirantes que superaron a fase de oposición, dos seguintes méritos:

II.2.1. Para o acceso mediante promoción interna:

Valoración de méritos:

II.2.1.1 Servizos prestados na Comunidade Autónoma:

Na fase de concurso valoraranse, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ao persoal comprendido nesta, os servizos prestados como funcionario de carreira en corpos ou escalas do grupo B da Administración da Xunta de Galicia, a razón de 0,04 puntos por mes de servizos efectivos ou fracción, ata o tope de 7,2 puntos.

II.2.1.2. Servizos prestados noutras administracións públicas:

En corpos ou escalas do grupo B: 0,02 puntos por mes de servizos efectivos ou fracción, ata o tope de 3 puntos.

II.2.1.3. Grao persoal consolidado, ata o tope de 3,5 puntos:

a) Nivel 16: 0,5 puntos.

b) Por cada dous niveis superiores: 0,5 puntos.

II.2.1.4. Traballo desenvolvido:

Polo desempeño, como funcionario do grupo B, de postos de traballo incluídos no intervalo de niveis correspondentes ao grupo A: 0,20 puntos por ano completo, ata o tope de 2,3 puntos. Só se terán en conta os intervalos de niveis de aplicación aos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.2.1.5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da escala de veterinarios, realizados en administracións públicas, escolas das administracións públicas, universidades, Inem e Fegas, así como os cursos correspondentes ás organizacións sindicais, con informe favorable da EGAP ou homologados por esta:

-Ata as primeiras 20 horas: 0,25 puntos.

-Por cada hora que exceda dese número: 0,05 puntos por hora.

Se non se acredita a duración, entenderase ata 20 horas.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

A puntuación máxima alcanzable neste apartado será de 2 puntos.

II.2.1.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá superar os 18 puntos, sumados os puntos II.2.1.1 ao II.2.1.5.

II.2.2. Para o acceso libre:

II.2.2.1. Ao persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como persoal funcionario interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia,

así como aos contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ao persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, valoraráselle a antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,375 puntos por mes de servizos ou fracción, non podendo exceder a puntuación total dos 22,5 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ao persoal funcionario interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servizos que prestasen como titulados superiores nos postos correspondentes ao grupo A, con funcións propias da escala de veterinarios.

b) Ao persoal laboral só se lle valorarán os servizos prestados en postos de traballo correspondentes ao grupo I do convenio colectivo único para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia, con funcións propias da escala de veterinarios.

II.2.2.2. Aos aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia, como persoal funcionario interino, que deban ser desempeñados por funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios, aos que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselles os servizos prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior a razón de 0,30 puntos por mes de servizos ou fracción.

II.2.2.3. Os aspirantes con contrato laboral temporal que realicen ou realizasen na Administración da Xunta de Galicia funcións propias da escala de veterinarios, valoraránselles os servizos prestados correspondentes ao grupo I do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, con funcións propias da escala de veterinarios, a razón de 0,30 puntos por mes de servizos ou fracción.

II.2.2.4. O persoal funcionario interino ou persoal con contrato laboral temporal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia que, na data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, estea prestando servizos con funcións propias da escala de veterinarios e teña prestados servizos no grupo A ou grupo I noutras administracións públicas con funcións propias da escala de veterinarios, valoraránselle estes coa seguinte puntuación:

a) 0,30 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,13 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos na alínea a) anterior.

II.2.2.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nas bases II.2.2.2, II.2.2.3 e II.2.2.4, en ningún caso poderá exceder de 20 puntos conxuntamente.

II.2.2.6. Aos aspirantes que xa accedesen á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia aos que se lles computaron os servizos a que fan referencia os puntos II.2.2.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes nesta convocatoria.

II.2.3. Os méritos enumerados nas bases II.2.1 e II.2.2 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e acreditaranse do seguinte xeito:

-Os participantes de promoción interna aos que se refire a base II.2.1 mediante o anexo III desta convocatoria, debidamente cuberto.

-Os participantes de acceso libre aos que se refire a base II.2.2 mediante o anexo IV desta convocatoria, debidamente cuberto, xuntando o nomeamento como persoal funcionario interino ou contratado administrativo, ou o contrato laboral debidamente asinado e formalizado.

II.2.4. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os puntos anteriores, e deberán ser expedidos polas unidades seguintes:

-Servizos centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaria xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servizos periféricos:

Secretarios ou, de ser o caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

Non se terán en conta os certificados que non se axusten ao establecido anteriormente.

II.2.5. Desde a publicación polo tribunal das notas do último exercicio da fase de oposición, os aspirantes que o superasen disporán dun prazo de 15 días para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, que irá dirixida á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

II.2.6. Rematada a fase de oposición e respecto dos aspirantes que superaron a dita fase, o tribunal procederá á baremación desta fase de concurso e publicarase no Diario Oficial de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicada a relación definitiva anteriormente indicada, o tribunal publicará a proposta de aspirantes que superaron o proceso selec

tivo, unha vez sumada a fase de concurso e a da oposición.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores do proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulgar o proceso, a proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos tribunais, de ser o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso a corpos e escalas análogos ao que corresponden as prazas convocadas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria, e igualmente, se colaborasen durante ese período dalgún modo con centros de preparación de opositores do corpo ao que pertenzan as prazas convocadas.

O presidente deberá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nin nas demais causas de abstención previstas nesta base.

Esta declaración deberá ser tamén cuberta polos asesores especialistas previstos na base III.12, e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nesta base, conforme ao artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen aos novos membros do tribunal, que substituirán aos que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de 15 días a partir da publicación

dos tribunais e mínimo de 10 días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ao disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes aos apelidos dos opositores que se lles asignasen.

III.9. Corresponderalle ao tribunal nomeado co número un:

-Cursar de orde do seu presidente citación ao resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibir os expedientes dos demais tribunais relativos ao transcurso das probas e respectivas propostas, e elevar a relación de aprobados á directora xeral da Función Pública.

III.10. Co obxecto de acadar a necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación que se poidan presentar e solicitar polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo de que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.11. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.12. Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinente, limitándose aos ditos asesores a

prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

III.13. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3, as adaptacións posibles de tempo e/ou medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ao que opta, poderá solicitar o correspondente ditame do órgano competente.

III.14. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliar o número delas, en función de causa xustificada, a dita dirección xeral.

III.15. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.16. As comunicacións que formulen os aspirantes aos tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados e presentación de documentación.

IV.1. A cualificación do concurso-oposición, tanto dos aspirantes da quenda de promoción interna como de acceso libre, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na de concurso.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida no segundo exercicio. De continuar este, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.2. De persistir o empate resolverase pola orde alfabética á que se refire a base II.1.4.2.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos aos aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ao tribunal número 1 se produzan novos empa

tes, estes serán resoltos polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

IV.2. Rematado o proceso selectivo, os tribunais farán públicas no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que estimen oportunos, as relacións de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto pola quenda de promoción interna como de acceso libre, de conformidade co disposto na base IV.I por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade. Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal lle eleve á directora xeral da Función Pública a lista de aprobados.

O presidente do tribunal número 1 elevaralle a relación de aprobados no proceso selectivo á directora xeral da Función Pública, que a publicará no Diario Oficial de Galicia, dispoñendo os aspirantes dun prazo de vinte días naturais, desde a publicación no Diario Oficial de Galicia para a presentación dos seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servizos de persoal, de ser o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título exixido na base I.2.3, ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a obtención do título, ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

c) Certificado médico oficial en que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.4.

d) Os aspirantes con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% que superaren o proceso selectivo deberán ademais acreditar tal condición, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, de ser o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da consellería ou organismo do que depen

desen para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

IV.4. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Rematado o proceso selectivo, e unha vez cumpridos os requisitos exixidos con anterioridade, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo, non podendo superar o superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

IV.6. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º de Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubrir as prazas correspondentes.

Así mesmo, poderán tomar posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos na relación de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionario pertencentes no corpo/escala ao que accedan de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública da Galicia.

IV.7. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

V. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO V

Don/Dona con

domicilio en e

con DNI/pasaporte declara baixo

xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado funcionario do corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de ,

que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade) ................. de ... de 200 ...