DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 30 de decembro de 2004 Páx. 18.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 310/2004, do 9 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do acondicionamento da estrada PO-230, treito: Campo Lameiro-cruzamento da estrada a Paredes e accesos ao parque arqueolóxico. Clave: PO/02/195.01.

Con data do 2 de setembro de 2004, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou definitivamente o proxecto de construción de acondicionamento da estrada PO-230, treito: Campo Lameiro-cruzamento da estrada a Paredes e accesos ao parque arqueolóxico. Clave: PO/02/195.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, estando prevista a inauguración do parque arqueolóxico no ano 2005, sendo necesario mellorar os accesos de vehículos ao citado parque.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de decembro de dous mil catro

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación do proxecto de construción do acondicionamento da estrada PO-230, treito: Campo Lameiro-cruzamento da estrada a Paredes e accesos ao parque arqueolóxico. Clave: PO/02/195.01.

Santiago de Compostela, nove de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda