DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de información urbanística.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día quince de novembro de dous mil catro, aprobou inicialmente o Plan parcial de Parque Empresarial da Boquela, Oza dos Ríos (A Coruña), no lugar de Muruxeses, parroquia de Rodeiro, redactado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid, colexiado nº 4.657, e promovido por iniciativa privada a instancia de Luis Rodríguez Patiño e Gregorio Calvo Velo en nome e representación da comisión xestora do Polígono da Boquela, para o desenvolvemento urbanístico do sector de solo urbanizable Polígono Industrial da Boquela.

En cumprimento do dito acordo e de conformidade co disposto no artigo 86.1º a) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA) o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderá consultar o expediente nas oficinas municipais do Concello de Oza dos Ríos (Lois, nº 33-Oza), e formular as alegacións que xulguen oportunas mediante escrito que presentarán no rexistro xeral do concello.

Oza dos Ríos, 16 de novembro de 2004.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde