DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da Alcaldía, do 17 de decembro de 2004, o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións no cuarteirón nº 6 de uso residencial de vivenda de protección oficial do plan de sectorización RA-49, promovido pola empresa Construcciones Clelia, S.L., sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na secretaría municipal, en horario de oficina, e se formularán as alegacións e observacións que se

consideren procedentes en escrito dirixido á alcaldía.

Outeiro de Rei, 16 de decembro de 2004.

José Pardo Lombao

Alcalde