DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ourense para a contratación do servizo de prevención da marxinación e inserción infantil e xuvenil do Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramite o expediente: Servizo de Patrimonio e Contratación.

c) Número do expediente: 49/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de prevención da marxinación e inserción infantil e xuvenil. Na prestación do servizo débense cumprir as condicións técnicas recollidas no prego e no propio programa de prevención da marxinación e inserción infantil e xuvenil que se pode consultar nos servizos sociais do Concello de Ourense.

b) Lugar de execución: municipio de Ourense.

c) Prazo de execución: duración máxima de dous anos, contados desde a data do asinamento da acta de inicio da prestación do servizo, que se realizará no prazo máximo de dous meses desde o asinamento do contrato. Declárase expresamente que, antes do vencemento do primeiro contrato, poderá prorrogarse por mutuo acordo das partes, por un ano e ata un máximo de dúas prórrogas, de tal xeito que a súa duración total non exceda dos catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: setenta e dous mil cento vinte e dous euros (72.122 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non será necesario constituír garantía provisional.

6. Obtención de información.

a) Entidade: Servizo de Patrimonio e Contratación.

b) Domicilio: rúa Arcediagos, nº 3-3º esq.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Teléfono: 988 38 81 96.

e) Fax: 988 22 45 69.

f) Web: www.ourense.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Recollida de documentación: Copistería Copyplaza. Praza Maior, nº 8-baixo. Teléfono/fax: 988 25 58 27.

8. Requisitos do contratista.

a) Os establecidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, desde a última publicación no DOG ou BOP.

b) Documentación para presentar: a sinalada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, nº 1, Ourense (32005), de 9.00 a 13.00 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ourense.

b) Enderezo: Praza Maior, nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o de presentación de proposicións, ás 12.30 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de novembro de 2004.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde