DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada en data 28-9-2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a solicitude formulada por Insoja, S.L. de que por este concello se deixe sen efecto o estudo de detalle dunha parcela da súa propiedade situada en Fonteculler-Rutis que foi aprobado polo pleno municipal en sesión celebrada o día 26 de maio de 1998 e proceder a súa derrogación.

2. Comunicarlle o acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e proceder á súa publicación no DOG.

3. Determinar que o acordo adoptado pode ser impugnado directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, sen prexuizo da posibilidade de interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que adoptou.

Déuselle cumprimento á comunicación a que se refire o punto 2 do acordo.

Culleredo, 19 de novembro de 2004.

P.D. (Resolución 18-6-2003, BOP do 19 de xullo)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo, Territorial

e Obras Públicas