DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO.

Aprobándose inicialmente, por Decreto da alcaldía nº 323 con data do 30 de novembro de 2004, o estudo de detalle para axuste de aliñacións en soar situado na rúa dos Colexios esquina rúa do Centro Médico de Baralla, e de conformidade co artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación

urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 20 días.

Baralla, 1 de decembro de 2004.

Manuel Jesús González Capón

Alcalde