DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do día 4 de novembro de 2004, aprobou o blasonamento do escudo de Baiona. O dito acordo sométese a trámite de información pública polo prazo dun mes co obxecto de que se poidan efectuar alegacións, tal como dispón o artigo 2 do Decreto 369/1998, de 10 de decembro.

De non producirse alegacións, o acordo será definitivo.

Baiona, 29 de novembro de 2004.

Jesús Vázquez Almuiña

Alcalde