DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servizo de xestión e mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións deste complexo hospitalario (C.P. 17/2004).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servizos Xerais. Unidade de Contratación.

b) Número do expediente: CP. 17/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de xestión e mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Datas de publicación: DOCE: 14-82004; BOE: 27-8-2004; DOG: 27-8-2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso público, respectivamente.

4. Orzamento base de licitación: 1.306.000 euros (IVE incluído). Distribución: lote 1: 1.208.000 euros; lote 2: 98.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 22 de novembro de 2004.

b) Adxudicatario do lote 1. Xestión e mantemento de equipamento electromédico xeral:

Ibérica de Mantenimiento, S.A. (NIF: A-50158997).

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: un millón cento vinte e nove mil catrocentos oitenta euros (1.129.480 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 2 anos.

c) Adxudicatario do lote 2. Equipamento de diálise:

Hospal, S.A. (NIF: A-8463507).

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: noventa e oito mil euros (98.000 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 2 anos.

6. Data de envío do anuncio: 7 de decembro de 2004.

7. Data de recepción do anuncio pola OPOCE (reservado á OPOCE).

Ourense, 29 de novembro de 2004.

José Fermín Troncoso Casares

Xerente xeral do Complejo Hospitalario

de Ourense