DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2004, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do servizo de limpeza do edificio sede desta dirección provincial na rúa García Barbón 51, correspondente ao concurso público 1/2004 por procedemento aberto.

A Dirección Provincial do Sergas da provincia de Pontevedra en Vigo, en virtude das competencias delegadas na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos no Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 6 de setembro de 2004, e para cumprimento do previsto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos

das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Concurso público polo procedemento aberto nº 01/2004.

Obxecto: servizo de limpeza da Dirección Provincial na rúa García Barbón, 51 de Vigo.

Empresa adxudicataria: Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).

Importe da adxudicación: 161.472 euros.

Vigo, 22 de novembro de 2004.

Jesús Vázquez Almuíña

Director provincial de Pontevedra