DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2004, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se publica a adxudicación correspondente ao expediente C.P. 2/2004.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde de 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), modificada por Orde do 6 de setembro de 2004 (DOG nº 189, do 28 de setembro) da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publicar a adxudicación da seguinte contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 2/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: C.P. 2/2004 suministracion sucesiva de material necesario para a realización dos parámetros da Área de Coagulación,

Hematoloxía e Gases do Laboratorio de Análises Clínicos do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e aluger dos equipamentos necesarios.

c) Lotes: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 139, do 20 de xullo de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma de adjudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 224.500 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de novembro de 2004.

b) Contratista:

1. Lote 1 gases: Radiometer.

2. Lote 2 coagulación: Dade Behring.

3. Lote 3 hematoloxía: Bayer.

c) Nacionalidade:

1. Radiometer: España.

2. Dade Behring: USA.

3. Bayer: Alemania.

d) Importe de adxudicación:

1. Lote 1 gases: 42.493,82 A para subministración e 1.500 A para aluger.

2. Lote 2 coagulación: 70.00 A para subministración e 1.500 A para aluger.

3. Lote 3 hematoloxía: 105.991,88 A para suministración e 750 A para aluger.

Monforte de Lemos, 17 de novembro de 2004.

Eleuterio López Louzao

Director xerente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos