DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite ordinario, da contratación da redacción de proxecto básico de construción de 384 vpp en San Paio de Navia-Vigo. (Expediente PO-2004/703).

Advertido erro na publicación do anuncio no DOG nº 236, do venres 3 de decembro de 2004, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 16.716, columna 2, no encabezamento e no punto primeiro, letra a) descrición do obxecto, onde di: «proxecto básico de construción de 394 vpp en San Paio de Navia-Vigo», debe dicir: «proxecto básico de construción de 384 vpp en San Paio de Navia-Vigo».

Na páxina 16.717, columna 1, no punto 3, orzamento base de licitación, onde di: «importe total trescentos vinte e oito mil douscentos vinte e tres euros con vinte e seis céntimos (328.223,26 A), IVE incluído», debe dicir: «trescentos dezanove mil oitocentos noventa e un euros con dez céntimos (319.891,10 A), IVE incluído».

No punto 7. Presentación das ofertas, epígrafe segundo onde di: «data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 11-1-2005», debe dicir: «data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 10-2-2005».

No punto 9. Apertura das ofertas, epígrafe segundo, onde di: «data: o 24-1-2005», debe dicir: «data: o 21-2-2005».