DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2004 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á produción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA nos ríos Brandelos e Pucheiras, xunto co proxecto e estudo de impacto ambiental do concurso de clave AC/5/146.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia estase a tramitar unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre dos ríos Brandelos e Pucheiras, presentada cos proxectos das obras e instalacións e o estudo medioambiental correspondente.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudo ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ao disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 5.2º do Decreto 442/1990, do 3 de setembro, que regula a avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese de forma simultánea ao trámite de información pública, a petición e documentación técnica e ambiental para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave deste concurso), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro de Augas de Galicia sitas na praza de Vigo, 2 entresollado, 15706 Santiago de Compostela, dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP

da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ao público no taboleiro de anuncios do Concello de Touro (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán á disposición, para os devanditos efectos informativos, copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudo ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

* Augas de Galicia, praza de Vigo, nº 2 entresollado, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Innovación, Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

* Concello de Touro: r/ Fonte-Díaz, s/n, 15822 Touro, A Coruña.

-Proxectos das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Augas de Galicia, praza de Vigo, nº 2 entresollado, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Innovación, Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

-Estudo de impacto ambiental do proxecto:

* Augas de Galicia, praza de Vigo, nº 2 entresollado, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña de Medio Ambiente: edificios administrativos de Monelos, 5ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

* Concello de Touro: r/ Fonte-Díaz, s/n, 15822 Touro, A Coruña.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Peticionario e promotor: José Manuel Millares Basadre.

Enderezo: Os Tilos, 10-A-1, baixo B, Teo (A Coruña).

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Brandelos - Pucheiras, Concello de Touro (A Coruña). Central hidroeléctrica da Igrexa.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: produción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 3,575 m/s. (2,975 m/s +0,6000 m/s).

Corrente de derivación 1ª: río Brandelos (cota de toma: 182 m).

Corrente de derivación 2ª: rego Pucheiras (cota de toma: 182 m).

Corrente de restitución: río Brandelos (cota de restitución: 98 m).

Desnivel (salto ocupado): 84 m.

Altura do azude 1º: 2 m (entre a cota do aliviadoiro e a cota do leito).

Altura do azude 2º: 1,5 m (entre a cota do aliviadoiro e a cota do leito).

Potencia xerador: 2246 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Touro (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

A captación consta de dous azudes de derivación.

O azude situado no río Brandelos terá unha cota de coroación de caixeiros de 184,5 m, e unha cota de aliviadoiro de 182 m, polo que o abrigo será de 2,5 m. A lonxitude de coroación do azude é de 30 m, dos cales 12 se constitúen en vertedoiro de planta recta. A toma de auga sitúase na marxe esquerda do río, cunha cámara de sedimentación de 13 m de lonxitude. O azude construirase en formigón en masa con perfil Creager.

O azude do río Pucheiras terá unha cota de coroación de caixeiros de 184 m, e unha cota de aliviadoiro de 182 m, polo que o abrigo será de 2 m. A lonxitude de coroación do azude é de 16,5 m, dos cales 6 m se constitúen en vertedoiro de planta recta. A toma de auga sitúase na marxe dereita do río, cunha cámara de sedimentación de 7,5 m de lonxitude. O azude construirase en formigón en masa con perfil Creager.

Tubaxe forzada:

A tubaxe forzada que parte do azude de Brandelos ten unha lonxitude total ata a central de 4.800 m máis 350 m do tramo do río Pucheiras. O diámetro é de 1.500 mm ata a entrada da central, momento no que se bifurca en dúas tubaxes de 750 mm ata entroncar as turbinas. A traza da tubaxe discorre soterrada en toda a súa lonxitude.

Central:

O edificio que aloxará os equipos electromecánicos atópase sito na marxe esquerda do río Brandelos.

As dimensións en planta rectangular son de 29,5 m x 11 m, con 9 m de altura da divisoria de augas respecto á explanación.

Accesos:

Proxéctase un camiño de acceso á central e outros de acceso aos azudes duns 3 m de largo, dotados dunha subbase de saburra artificial de 30 cm de espesura.

Equipos electromecánicos:

Instalaranse dúas turbinas FRANCIS, de eixo horizontal, para un caudal nominal de 3.575 m/s, potencia nominal 2.246 kW e velocidade de rotación de 1.000 r.p.m.

As turbinas acoplaranse a dous alternadores de tipo síncrono trifásico de eixo horizontal de 1.600 kVA de potencia en bornas e 6000 V de tensión nominal.

O transformador terá unha potencia nominal de 1.600 kVA.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudo de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.