DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 25 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes de axudas para situacións de emerxencia social ás persoas que se relacionan no anexo.

No uso da competencia que lle atribúe a esta Delegación provincial de Pontevedra, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro e DOG nº 36, do 22 de febreiro), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados, sen que esta se poidese practicar, por vir as cartas devoltas polo servizo de correos, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contado desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Delegación Provincial de

Pontevedra, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-Servizo de Prestacións, (rúa Concepción Arenal, 8-2ª planta,Vigo), para ter coñecemento do contido do requirimento de documentación, advertíndolles que de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que correspondan.

Vigo, 25 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/aDNI/NIE/

Pasaporte

Número de expediente

Uanderson José PaludettoCM34287736/042/0020/04

Graciela Guadalupe Kunichek Veuve FeuilletX5317279R36/057/0467/04